Descrición da rede
A
aerobioloxía estudia os organismos vivos do aire.
De forma xeral o termo aplicase aos estudios do
contido atmosférico en grans de pole, esporas
de hongos, a súa diversidade e as concentracións
con que se presentan nas distintas épocas do ano.
A Rede Galega de Aerobioloxía (RGA) dispón de 7 captadores distribuidos ao longo da xeografía galega. Os puntos concretos son A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Verín, Vigo e Viveiro. A ubicación destes tiradores de mostras responde a criterios bioxeográficos cos que se pretende dar unha visión global do estado da comunidade.
Un dos obxectivos da RGA é determinar cales son os alergóxenos máis comúns en Galicia e en que época do ano son máis abundantes. Nun futuro pretendese crear un banco de datos que permita facer prediccións polínicas sobre Galicia.



