Comercio de dereitos dos GEI (resultados)

En Decembro de 1997, 125 países reunidos na Convención Marco sobre Cambio Climático baixo os auspicios da ONU, firmaron un protocolo para reducir as emisións dos seis gases catalogados como causantes do "efecto invernadoiro". O obxectivo a nivel mundial é deixar os niveles, en 2012 nun 5,2% por debaixo dos existentes en 1990. Este documento, baixo o nome de "Protocolo de Kioto" fíxose famoso como a única resposta crible á ameaza que supón o cambio climático.

Os resultados dos dous primeiros anos da aplicación no territorio galego da normativa que establece un réxime para o comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, para fomentar reducións das emisións destes gases dun xeito eficaz e economicamente eficiente, resúmense no documento (en formato PDF): comercio de dereitos dos GEI (resultados).