Premios europeos de medio ambiente á empresa.

Sección galega 2009/2010


logo PEMA Os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa, convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, teñen como obxectivo recoñecer públicamente a aquelas organizacións que coa súa actuación contribuiran ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sostible e cuxos esforzos poidan supoñer un avance hacia un desenrolo económico e social que preserve o medio ambiente.

Os premios queren destacar aquelas políticas e prácticas, procesos e produtos de todos os sectores empresariais da Unión Europea, que axuden a avanzar ata un "desenvolvemento económico e social que non vaian en detrimento do medio ambiente e das reservas naturais, de cuxa calidade dependen o desenvolvemento e unha actividade humana continuada".

Creados en 1987 con motivo da celebración do Ano Mundial do Medio Ambiente, os premios convócanse bianualmente e a eles poden acceder organizacións de todos os países membros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coordina a Sección Galega destes prestixiosos galardóns. Os Premios Europeos, Sección Galega, convócanse este ano na súa segunda edición e son os galardóns máis prestixiosos no campo do desenvolvemento sostible empresarial, supoñendo para as empresas gañadoras un importante recoñecemento social. Os gañadores e finalistas participarán tamén en Europa a través da Sección Española.

O prazo de entrega de candidaturas finalizou o 28 de setembro de 2009.

Máis información: