Indicadores ambientais
Nesta sección atopará información sobre os indicadores ambientais. Para desplegar ou replegar o contido de cada apartado só terá que pinchar no título do mesmo.
Nesta sección atopará información sobre os indicadores ambientais. Para desplegar ou replegar o contido de cada apartado só terá que pinchar no título do mesmo.
Segundo a definición dada pola OCDE, un indicador é un parámetro, ou valor derivado doutros parámetros, dirixido a proveer información e describir o estado dun fenómeno cun significado engadido maior que o directamente asociado o seu propio valor.
A Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) define un indicador ambiental como unha medida que pode ser usada para ilustrar e comunicar un fenómeno complexo de maneira simple, incluíndo tendencias e progresos ao longo do tempo.
De acordo coa definición do Ministerio de Medio Ambiente: un indicador ambiental é unha variable que foi socialmente dotada dun significado engadido ao derivado da súa propia configuración científica, co fin de reflectir de xeito sintético unha preocupación social con respecto ao medio ambiente e inxerida coherentemente no proceso de toma de decisións.
Respecto a súa utilidade, os indicadores ambientais presentan as seguintes funcións principais:
Os principais obxectivos na utilización dos indicadores ambientais son os seguintes:
En definitiva, os indicadores ambientais refírense a problemas ambientais socialmente relevantes e deben comunicar e orientar a interpretación dun dato de tal xeito que poidan ser útiles aos procesos de toma de decisións e, en xeral, constitúan unha boa base de consulta, completa e asequible, para un público amplo e non necesariamente experto.

