Aviso legal e de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente nun boletín oficial. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Únicamente os textos publicados no DOG ou doutros boletíns oficiais teñen validez oficial.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non se fai responsable dos danos que puidera ocasionar o uso das ferramentas e información contidas na web. Tanto o acceso ao portal como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsibilidade do usuario.

Como facilitador do coñecemento e da información posibilítase o acceso a páxinas externas sobre as que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non ten control algún e respecto ás que declina toda responsabilidade.

Os datos recollidos nos formularios deste sitio web serán incorporados a un ficheiro, titularidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. A finalidade do ficheiro será a de xestionar as solicitudes de información enviadas polos usuarios.

A Consellería garante a confidencialidade dos datos rexistrados mediante os formularios e asegura o cumprimento da normativa de Protección de Datos. Os datos solicitados son necesarios para a prestación do servizo, tendo que ser cumprimentado de forma veraz e con datos actualizados.

A Consellería non se fai responsable de calquera responsabilidade derivada do incumprimento destas obrigacións pola súa banda.

Poderanse exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na indicada Lei Orgánica, dirixindo unha carta á seguinte dirección: Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Edificio Administrativo San Lázaro s/n, C.P. 15781, Santiago de Compostela - A Coruña.