Os procedementos de participación pública son os instrumentos máis axeitados para tratar de integrar os diversos intereses e puntos de vista. Unha participación transparente na que estean implicados todos os actores sociais dará como resultado políticas e medidas máis eficaces na loita fronte ao cambio climático. O éxito deste Plan depende en gran medida do grao de implicación doutras administracións públicas, das empresas e dos cidadáns en xeral para a consecución dos obxectivos establecidos. Preténdese con este proceso fomentar a coordinación entre as distintas partes implicadas, de maneira que se optimicen os esforzos, se definan as liñas e medidas concretas e se fomenten os comportamentos cidadáns que faciliten a consecución destes obxectivos.
Máis información sobre o proceso de participación pública: http://www.siam-cma.org/cambioclimaticogalicia/participacion/par_index.htm
Participación activa no Plan Galego de acción fronte ao Cambio Climático
O proceso de participación pública do Plan Galego de acción fronte ao Cambio Climático permite que calquera persoa ou entidade poida aportar a súa suxestión sobre os 4 programas nos que se estrutura o Plan así como propor novas accións ou modificacións ás existentes. A información resultante das achegas contribuirá ao proceso de actualización do Plan.
¿Qué é o cámbio climático? 

