Publicacións

 
Busca Avanzada
Formulario de solicitude de publicacións versión castelán
imaxe tranparente
EVIDENCIAS E IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA. RESULTADOS DO PROXECTO.
imaxe tranparente
imaxe tranparente
imaxe tranparente
AUTOR/COORDINADOR Vicente Pérez Muñuzuri, Marisa Fernández Cañamero e José Luis Gómez Gesteira
DATA PUBLICACIÓN 2009
ORGANISMO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
ÁREA AMBIENTAL ATMÓSFERA E CLIMA
MEDIO AMBIENTE XERAL
                                    
imaxe tranparente
imaxe tranparente
PORTADA:  portada
imaxe tranparente
imaxe tranparente
imaxe tranparente
imaxe tranparente
imaxe tranparente
  CONTIDO:

Pode vostede descargar o libro en formato pdf da seguinte ligazón: http://www.siam-cma.org/cligal/documentos/librocligal.pdf

  DESCRICIÓN:

Durante os anos 2007-2008, a consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible, a través da súa dirección Xeral de desenvolvemento sostible, coordinou un proxecto de investigación sobre as evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, elemento central do programa de avaliación de impactos e adaptación do plan Galego de acción fronte ao cambio climático. Este documento analiza as evidencias científicas atopadas, así como os impactos esperables nos diferentes ecosistemas galegos. máis dun centenar de investigadores e investigadoras pertencentes a universidades e organismos públicos de investigación galegos realizaron un labor profundo de documentación que permitiu, por primeira vez, comparar e discutir todas as evidencias dispoñibles sobre cambio climático no noso territorio. o diagnóstico non deixa lugar a dúbidas: o cambio climático é unha realidade que está a alterar lentamente pero de xeito continuo os distintos ecosistemas galegos. a investigación tamén realizou un esforzo por prognosticar os posibles impactos futuros do cambio climático.Este estudo científico caracterízase pola súa rigorosidade. avaliáronse as evidencias e os impactos do cambio climático desde unha perspectiva probabilística, analizando a complexidade das simulacións realizadas cos modelos climáticos. as investigacións levadas a cabo mostran as evidencias que durante as últimas décadas se veñen observando sobre a existencia do cambio climático en Galicia. así mesmo, este traballo tamén presenta as certezas existentes sobre os cambios vindeiros. Estas non deixan lugar a dúbidas de que o clima, os distintos ecosistemas e o planeta tal e como o coñecemos agora non serán o mesmo no futuro. Quédanos, pois, loitar para mitigar os cambios que se aveciñan (redución de co2, reciclaxe, uso adecuado dos recursos naturais, etc.) e adaptarnos na medida do posible a eles.É así mesmo moi destacable o esforzo realizado na síntese dos resultados máis salientables do estudo en forma de documento executivo, documento este fundamental para unha toma de decisións que, baseada no coñecemento científico, permita deseñar as políticas que conduzan Galicia cara a un modelo de desenvolvemento que integre a evidencia dun territorio en cambio continuo como consecuencia do cambio climático.

imaxe tranparente
imaxe tranparente