Consellerías


    

      Noticias da Consellería
 

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ULTIMA O BORRADOR DA NOVA LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR ANIMAL DE GALICIA, QUE INCIDIRÁ NA CONCIENCIACIÓN DOS PROPIETARIOS E NAS SANCIÓNS POR MALTRATO E ABANDONO

 O conselleiro, Manuel Vázquez, adiantou hoxe que a nova lei tenta ter en conta as demandas sociais actuais e a progresiva concienciación a prol do benestar dos animais, e animou a colectivos como os colexios profesionais de veterinarios a colaborar na súa elaboración.  A lexislación, que substitúe a Lei 1/93 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, ten como fin converterse no marco global de protección dos dereitos dos animais.

Santiago de Compostela,  xoves, 4 de outubro do 2007

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible está a ultimar o borrador da nova Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia, que ampliará os dereitos dos animais, incidindo na concienciación dos seus propietarios e incrementando as sancións por casos de maltrato ou abandono. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, no acto celebrado no Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense para conmemorar a festividade de San Francisco de Asís.

 

O conselleiro destacou que a nova lexislación, que substitúe a Lei 1/93 de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade,  “terá como base a progresiva concienciación a prol do benestar dos animais”, e sinalou que este proxecto adáptase “ás esixencias da sociedade do século XXI, que non concibe o maltrato nin a indiferencia cos animais”. Así, a nova normativa tentará acadar unha eficaz regulación das medidas preventivas no caso de maltrato a animais, así como redefinir a tipoloxía das infraccións e a  ampliar as sancións.

 

O conselleiro aproveitou a súa presenza no Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense para animar a colectivos como este a colaborar na elaboración do borrador da nova lei, no que está a traballar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

 

 

A Consellería de Medio Ambiente investiu nos últimos anos preto de 500.000 euros en medidas destinadas á protección animal, entre elas a creación de novos centros de acollida e a mellora dos existentes, ademais de establecer diversos convenios de colaboración con fundacións e asociacións protectoras de animais, co obxectivo de dar resposta “ao grave problema que supón que se liberen de xeito irresponsable miles de cans cada ano”, segundo sinalou Manuel Vázquez.  a traballar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

 

Ampliación Rede Natura

A Consellería de Medio Ambiente tamén colabora no desenvolvemento do curso “O papel dos sistemas silvopastorís na conservación do medio<

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Gabinete de Comunicación

prensa.cma@xunta.es

AXENDA TELEFÓNICA  | MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL

 


 

© Xunta de Galicia

Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: