Consellerías


    

      Noticias da Consellería
 

OURENSE CONVERTIRÁSE NO CORAZÓN NATURAL DE GALICIA CO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PARQUES NATURAIS, UN EDIFICIO SINGULAR QUE CUSTARÁ 6 MILLÓNS DE EUROS

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, presentou hoxe á sociedade ourensán o anteproxecto do edificio, deseñado como unha icona arquitectónico e, sobre todo, como un espazo singular e simbólico que compile toda a riqueza dos ecosistemas dos seis parques naturais. O seu departamento está a elaborar o prego de condicións para a súa adxudicación, de tal xeito que as obras comezarán a finais deste mesmo ano ou, como moi tarde, a principios de 2008. O Centro de Interpretación dos parques naturais de Galicia estará emprazado no entorno do Miño e preto da cidade, barallándose actualmente as ubicacións de Outariz, Oira ou Velle. Manuel Vázquez presentou este centro como unha das iniciativas máis salientables da consellería que dirixe en materia de promoción do inmenso patrimonio natural da Comunidade Autónoma

Ourense,  xoves, 29 de marzo do 2007

O Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia, situarase, como xa avanzara o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández, na cidade de Ourense. O titular do departamento autonómico deu hoxe, na cidade das Burgas, un novo paso, este xa definitivo, no obxectivo de converter a Ourense no centro neurálxico da natureza en Galicia, contando como testemuñas cun amplo abano dos representantes empresariais, económicos, sociais, culturais, sindicais, universitarios e medio ambientais da cidade. O acto serviu para descubrir o anteproxecto do Centro de Interpretación dos Parques Naturais galegos que, tal e como explicou  Manuel Vázquez, non podía ter outro emprazamento mais que o elixido pola propia consellería: Ourense.

 

Así, o conselleiro salientou que Ourense é a provincia galega cun maior número de parques naturais, exactamente a metade dos que ten a comunidade (Invernadoiro, Xures e Lastra). Pero ademais, na proposta de ampliación deste espacio, que elabora a propia consellería Ourense, figura con outros dous novos parques, que serán os de Pena Trevinca e o Macizo

 

 

 

Central. Pero non é o inmenso patrimonio medioambiental ourensán o único argumento para o seu emprazamento nesta cidade. O centro será o pórtico de entrada á Galicia verde, ben a través da actual autovía Rías Baixas ou  da futura estación do AVE. Ourense amosará ao mundo, dende a súa posición estratéxica, o mellor e mais valioso valor de todo este país: a súa incomparable riqueza e variedade natural.

 

O Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia será un símbolo da Galicia verde, o único deste tipo en todo o país, un compendio de todos os seus ecosistemas; pero tamén o será en si mesmo: pola súa singularidade arquitectónica e porque será o primeiro edificio desta magnitude cen por cen sostible (incorpora criterios de eficiencia enerxética, de consumo de auga, de emprego de materiais e incluso quedará prevista a súa demolición a futuro para que os seus elementos podan ser reciclados ou reempregados totalmente). Así se recolle xa no anteproxecto que a empresa Tragsatec elaborou para a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que agora está elaborando xa o prego de condicións para licitar o proxecto e a construcción do inmoble, que sairá a concurso antes do verán. As obras deberán comezar a finais deste ano ou principios do 2008 e estarán rematadas no prime

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Gabinete de Comunicación

prensa.cma@xunta.es

AXENDA TELEFÓNICA  | MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL

 


 

© Xunta de Galicia

Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: