Lexislación ambiental

 
Busca Avanzada
Base de datos de LEXISLACIÓN AMBIENTAL versión castelán
ORDE DO 4 DE FEBREIRO DE 1999, POLA QUE SE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA E AUDIENCIA ÓS INTERESADOS O PORN DAS ILLAS ATLÁNTICAS
DATA Xoves, 4 de Febreiro do 1999
ORGANISMO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
PUBLICACIÓN DOG, Xoves, 11 de Febreiro do 1999, Nº 28, páx. 1554
   
DESCARGAS:   Orde4_2_99.pdf (Galego) (doc. *.pdf de 44 KB)
Número do Dog: 28 Páxina do Dog: 1.554
Data da Disposición: 4 de febreiro de 1999
Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango: Orde
Título: Orde do 4 de febreiro de 1999 pola que se somete a información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados o Plan de Ordenación de Recursos Naturais das Illas Atlánticas.




A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres, regula, no seu título II, os plans de ordenación dos recursos naturais nos que se fixarán as normas xerais do parque natural; por todo isto,

RESOLVO:
Para os efectos do previsto no artigo 6 da Lei 4/1989, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres, ábrese un prazo de información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados sobre o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral do Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, Santiago de Compostela), na Delegación Provincial da Coruña (edificio servicios múltiples, praza de Luis Seoane, s/n) e na Delegación Provincial de Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47) e para que se formulen contra el as alegacións que se consideren oportunas, nun prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez rematado o dito prazo, abrirase ó día seguinte período de audiencia ós interesados por un prazo de 15 días.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1999.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente