Lexislación ambiental
| LEI 1/1993, DO 13 DE ABRIL, DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE. | |
| DATA: | Martes, 13 de Abril do 1993 |
| ORGANISMO: | OUTRAS ADMINISTRACIÓNS |
| PUBLICACIÓN: | DOG, Xoves, 22 de Abril do 1993, Nº 75 |
| MODIFICADO/CORRIXIDO OU AFECTADO POR: | Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior. |
| DESCARGAS: | |
| Modificación da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. O artigo 3 queda redactado da seguinte forma: «Artigo 3. Dos establecementos. 1. Os núcleos zoolóxicos, os establecementos de recollida de animais abandonados, os centros de importación de animais, as escolas de adestramento de animais domésticos e salvaxes en catividade e as canceiras deportivas, sen prexuízo do exixido nas demais disposicións que lles sexan aplicables, de acordo coa natureza do animal, deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estar autorizados pola consellaría competente en materia de benestar animal para o control da súa actividade. b) Levar os libros de rexistro nos casos, nas condicións e co contido que regulamentariamente se establezan. c) Dispoñer de boas condicións hixiénico-sanitarias e de locais axeitados ás condicións fisiolóxicas dos animais que alberguen. d) Adoptar as medidas necesarias para evitar os contaxios entre os animais que alberguen. e) Dispoñer de servizos veterinarios suficientes e adecuados a cada establecemento. f) Se é o caso, entregar os animais coas debidas garantías sanitarias, libres de toda enfermidade, acreditándoo coa documentación que regulamentariamente se estableza. 2. Para os establecementos veterinarios, centros de acicalamento e coidado e as residencias caninas e felinas substituirase a autorización prevista na alínea a) do punto anterior pola realización dunha comunicación previa ao inicio da súa actividade na que se manifeste o cumprimento dos requisitos exixidos e pola que se facilite a información necesaria á consellaría competente en materia de benestar animal para o control da súa actividade». |
|



