Lexislación ambiental

 
Busca Avanzada
Base de datos de LEXISLACIÓN AMBIENTAL versión castelán
ORDE DO 14 DE MARZO DE 2006 POLA QUE SE DESENVOLVE O DECRETO 164/2005, DO 16 DE XUÑO, POLO QUE SE REGULAN E DETERMINAN AS OFICINAS DE REXISTRO PROPIAS OU CONCERTADAS DA ADMINISTRACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SE CREA O REXISTRO TELEMÁTICO DA XUNTA DE GALICIA E SE REGULA A ATENCIÓN AO CIDADÁN.
DATA Martes, 14 de Marzo do 2006
ORGANISMO CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
PUBLICACIÓN DOG, Venres, 24 de Marzo do 2006, Nº 59, páx. 4379
   
LIGAZÓNS:   DECRETO 164/2005
 DECRETO 164/2005
O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o rexistro telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.
 
  De conformidade co disposto no artigo 2.2º e disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o rexistro telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán,
 
  DISPOÑO:
 
  Artigo único.
 
  1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño (procedementos para os que está habilitado o rexistro telemático da Xunta de Galicia), e quedan, pois, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:
 
  * Declaracións de actividades e intereses e de bens patrimoniais dos altos cargos da Xunta de Galicia.
 
  * Control dos traslados de residuos perigosos, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, xerados polos produtores de residuos.
 
  * Presentación da declaración ou memoria anual das actividades de produción ou xestión de residuos.
 
  * Presentación dos estudos de minimización de residuos.
 
  2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/.
 
  Disposición derradeira.- Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
 
  Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2006.
 
  José Luis Méndez Romeu
  Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza