Calquera actividade económica ou produtiva desenvolvida polo ser humano xera residuos que deben de ser recollidos, tratados e eliminados axeitadamente. Os residuos urbanos que non son tratados dunha forma correcta producen importantes problemas ambientais, ademais de incidiren dun xeito negativo sobre a calidade de vida dos cidadáns. Así, o tratamento e vertido dos residuos urbanos pode producir emisións de gases efecto invernadoiro, principalmente metano procedente dos vertedoiros e do tratamento de augas residuais, aínda que nestes procesos tamén se producen cantidades significativas de dióxido de carbono.
A redución das emisións debidas á xeración de residuos poderá ser efectiva incidindo nas operacións de xestión de residuos, impulsando a prevención e redución na xeración de residuos, o aproveitamento e valorización dos destes; a eliminación de forma responsable e incidindo en criterios de proximidade aos lugares de xeración.
As emisións de GEI derivadas do tratamento de residuos foron no ano 2006 de 488,74 Kt CO2eq, o que supón un incremento do 58% con respecto ás medidas no ano de referencia [F 23].
A medida proposta para a redución de emisións de GEI neste sector é:
[F 23]: Evolución das emisións de GEI no sector de tratamento e eliminación de residuos no período 1990–2006
Fonte MMA
¿Qué é o cámbio climático? 


