Libro Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Sector de transportes


O transporte de viaxeiros e mercadorías é probablemente o sector que máis dificultades para contribuír á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Nas últimas décadas, o automóbil converteuse no principal medio de transporte utilizado polos cidadáns. O desenvolvemento de áreas residenciais dispersas na periferia das cidades e vilas, xunto coa concentración de actividades urbanas, foi posible pola prioridade dada ao vehículo privado. A xeneralización deste transporte motorizado esixe a utilización de grandes cantidades de enerxía de orixe fósil, feito que está asociado a niveis moi importantes de emisións de GEI.

As emisións de GEI neste sector dende o ano 1990 ata o 2006 aumentaron nun 104%, incremento na súa maior parte, relacionado co uso do transporte por estrada, en particular coa utilización do vehículo privado. [F 21]

As medidas deseñadas para reducir as emisións de GEI no sector transporte son: medida de redución do consumo de combustibles e medida de fomento do transporte sostible.

gráfico F21
[F 21]: Evolución das emisións de GEI no sector de transportes no período 1990–2006
Fonte MMA
Cargando...