A demografía galega viuse nos últimos anos afectada por unha progresiva perda de poboación, mitigada en parte grazas aos movementos migratorios. Ao mesmo tempo, experimentou unha desigual distribución destes cambios poboacionais dentro do territorio, que está a resultar nunha maior concentración de habitantes nos núcleos urbanos e nas zonas turísticas costeiras, coa conseguinte presión urbanística, fronte a un progresivo despoboamento das zonas rurais do interior.
A principal consecuencia deste feito é o aumento das actividades do sector terciario, como é o caso das relacionadas co ocio e recreo, o turismo ou as actividades cotiás, en detrimento do sector primario. Todas estas actividades teñen unha grande importancia na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Nos últimos anos, o proceso de urbanización aumentou considerablemente. O número de vivenda nova construída no período 2000–2006 foi de 77.163, o que supuxo unha taxa media de crecemento anual no período dun 116%.
As emisións de GEI do sector residencial e institucional/ comercial aumentaron no período 1990–2006 nun 7,55% [F 20], e é a partir de 1997 cando se produce o maior 038 039 incremento, derivado principalmente do auxe da actividade construtiva e o incremento asociado da superficie de solo edificado en Galicia, sen esquecer o incremento do consumo de enerxía derivado das instalacións térmicas destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiénico. Por exemplo a calefacción, a auga quente sanitaria, as cociñas, etc. que funcionan con gas ou gasóleo.
Preséntanse a continuación as medidas contempladas no Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático encamiñadas á redución de emisións no sector residencial e no institucional/comercial. Dentro deste sector, establécense dúas medidas, unha dirixida ao sector doméstico e outra ao sector de servizos.
Medida
de redución de emisións no sector doméstico.
Medida
de redución de emisións no sector de servizos.
[F 20]: Evolución das emisións de GEI no sector residencial e institucional/comercial dende no período 1990–2006
Fonte MMA
¿Qué é o cámbio climático? 

