Libro Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Redución emisión planificadas pola Xunta


A seguir, móstrase unha táboa [F 38] coas distintas medidas pertencentes a cada sector e o número de accións en cada unha delas, que suman un total de 54 accións.

Na seguinte táboa amósase un resumo das reducións de emisións de GEI atribuíble a cada medida e para cada ano de vixencia do Plan, así como a media anual do período 2008–2012. [F 39].


Pódese observar que o sector do transporte, por medio das medidas do fomento do transporte sostible e o cambio do uso de combustible, é o que máis contribúe ao obxectivo de redución media do Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático (1,01 MtCO2eq ano-1), seguido do sector residencial e institucional/comercial (0,34 MtCO2eq ano-1), o cal recolle as reducións dos sectores doméstico, de servizos e institucional. O sector do transporte obtén un 56% de redución do total, seguido do sector residencial e institucional/comercial.

O obxectivo definido polo Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático é reducir 2,45 MtCO2eq ano-1. O conxunto das reducións de emisións de GEI impulsadas pola Xunta de Galicia e referidas no presente programa de mitigación acada unha redución de 1,8 MtCO2eq ano-1. En consecuencia, para alcanzar o obxectivo final definido polo Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático é necesaria a consideración ou introdución de medidas e accións adicionais desenvolvidas polas diferentes administracións e axentes sociais (Xunta de Galicia, administracións locais, outras administracións, empresas e cidadáns) contribúan a unha redución adicional de 0,65 MtCO2eq ano-1. Estas novas medidas e accións adicionais xurdirán, en parte, do proceso de participación pública que contempla o presente Plan. De xeito orientativo, asígnase a contribución relativa de cada unha das administracións e axentes sociais ao obxectivo de redución de 0,65 MtCO2eq ano-1 [F 40].



gráfico F40
[F 40]: Reducción de emisións do GEI asignados de xeito orientativo a cada unha das Administración e axentes sociais
Elaboración propia


De acordo con esta distribución, a Xunta de Galicia asumiría o 18% da redución adicional, as outras administracións públicas o 43%, un 22% sería atribuído aos acordos voluntarios coas empresas e un 9% ás accións desenvolvidas polos propios 094 cidadáns [F 41].

gráfico F41
[F 41]: Contribución de cada Administración e colectivo social ao obxectivo de redución adicional.
elaboración propia


Cargando...