Libro Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Emisións no sector Directiva e emisións difusas


As emisións totais de gases GEI en Galicia poden diferenciarse en 2 grupos:

As emisións do sector Directiva son aquelas procedentes das industrias afectadas pola Lei 1/2005, do 9 de marzo, que traspón a Directiva 2003/87. No ano 2008 en Galicia, existen 61 instalacións que participan no mercado de dereitos de emisión pertencentes aos sectores da xeración de enerxía eléctrica, combustión, refinado de petróleo e produción de cemento, cal, vidro, cerámica, aceiro e papel. Estas instalacións teñen a obriga de verificar anualmente as emisións de CO2 e entregar un número de dereitos de emisión equivalente ao dato de emisións verificadas.

As emisións difusas son todas aquelas que non están reguladas pola Lei 1/2005. Comprenden as emisións procedentes de pequenas e medianas industrias, do sector do transporte, residencial, servizos, primario (agricultura e gandaría) e xestión de residuos, entre outros. As emisións correspondentes ao sector directiva suman un total de 16,54 Mt CO2eq, o que representa o 47,8% das emisións totais de GEI en Galicia no ano 2006. No caso das emisións dos sectores difusos, no ano 2006 emitíronse en Galicia 18,05 Mt CO2eq, o 52,2% das emisións totais. A distribución das emisións entre os distintos sectores amósase nos gráficos 7, 8 e 9. [F 7, F 8, F 9]



gráfico F7
[F 7]: Distribución das emisión totais de GEI
Fonte Elaboración propia

gráfico F8
[F 8]: Distribución das emisións Directiva de GEI
Fonte Elaboración propia

gráfico F9
[F 9]: Distribución das emisións difusas de GEI
Fonte Elaboración



Emisións no sector Directiva: modificación do modelo de xeración de enerxía

Tal e como se aprecia no gráfico 8 [F 8], a maior parte das emisións dentro do sector directiva proceden da produción de enerxía eléctrica. O Goberno galego impulsará nos próximos anos unha serie de actuacións co obxectivo de aumentar tanto a potencia eléctrica instalada como a electricidade neta xerada con fontes de enerxía renovables. O aumento da produción de enerxía eléctrica de orixe renovable non comporta en si mesma unha redución neta de emisións, pero si evita o incremento de emisións de GEI que se terían producido de xerarse a devandita enerxía a través doutras tecnoloxías de xeración enerxética con factores de emisión de GEI maiores. A aposta polas enerxías renovables da Xunta de Galicia ten como resultado a redución de emisións de GEI por cada unidade de enerxía producida, de tal xeito que no ano 2012 cada MWh xerado en Galicia emitirá 0,16 Mt CO2eq menos que a mesma cantidade de enerxía producida no noso territorio durante o ano 2006.


Cargando...