|
RESOLUCIÓN
DO 9 DE OCTUBRE DE 2001 por la que se da publicidad a la
conversión a euros de las tarifas vigentes del canon de
saneamiento.
O
canon de saneamento foi creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño,
reguladora da Administración hidráulica de Galicia, como tributo
propio da Xunta de Galicia destinado integramente ó financiamento
dos gastos de investimento e de explotación das infraestructuras
de evacuación en alta e de tratamento de augas residuais de
acordo coa programación aprobada polo Consello da Xunta de
Galicia.
As tarifas actualmente vixentes do canon de saneamento aprobáronse,
respectivamente, para os usuarios industriais e para os usuarios
domésticos, na disposición adicional sétima da Lei 6/1994, do
29 de decembro, e na disposición adicional sétima da Lei /1998,
do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para 1995 e 1998, tamén respectivamente.
De acordo co artigo 11.4º da Lei 46/1998, do 17 de decembro,
sobre introducción do euro, segundo a redacción modificada pola
Lei 9/2001, do 4 de xuño, cando se trate da conversión á
unidade euro de tarifas, prezos, aranceis ou cantidades unitarias
que deban aplicarse a bases expresadas en calquera magnitude, as
cifras que resulten da aplicación do tipo de conversión
tomaranse con seis cifras decimais, efectuándose o redondeo por
exceso ou por defecto ó sexto decimal máis próximo.
Mediante esta resolución publícase a conversión a euros das
tarifas vixentes do canon de saneamento correspondentes ós usos
domésticos e industriais e ós parámetros de contaminación,
para coñecemento xeral e para facilita-lo cumprimento das obrigas
tributarias tanto dos suxeitos pasivos do canon como das entidades
subministradoras de auga, previstas nos artigos 14 e seguintes do
Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento
de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993,
relativo ó canon de saneamento.
Na súa virtude, e de acordo coas facultades que me confire o
artigo 12 da Lei 8/1993,
RESOLVO:
1. Dar publicidade á conversión a euros das tarifas vixentes do
canon de saneamento, as cales figuran no anexo a esta resolución.
2. A partir do día 1 de xaneiro de 2002, as devanditas tarifas
expresadas en euros deberán figurar nos actos de xestión
tributaria que dicte Augas de Galicia e nas facturas-recibo da
auga que emitan as entidades subministradoras.
3. A conversión a euros das tarifas correspondentes ós suxeitos
pasivos ós que o canon de saneamento se determinou
individualizadamente farase, seguindo as regras do artigo 11.4º
da Lei 46/1998, modificada pola Lei 9/2001, directamente por Augas
de Galicia ou ben polas entidades subministradoras, segundo se
trate de subministracións de fontes propias ou de terceiros,
respectivamente.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia
ANEXO
Tarifas do canon de saneamento expresadas en euros.
Usos domésticos: 0,054091 euros/m.
Tipo xeral por volume para usos industriais: 0,090152 euros/m.
Materias en suspensión: 0,052889 euros/kg.
Sales solubles: 0,847427 euros/S/cm.m.
Materia orgánica: 0,105778 euros/kg.
Metais pesados: 2,380008 euros/kg. equimetal.
Materias inhibidoras: 0,010818 euros/equitox
|