|
RESOLUCIÓN
DE 22 DE MAYO DE 2001,
por la que se le da publicidad a la aprobación del Plan de
Saneamiento de Galicia 2000-2015, y se declaran las zonas
sensibles en el ámbito territorial de las cuencas hidrográficas
de Galicia-Costa (DOG Nº 104, 30.05.01)
O artigo 7.3º do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo
que se establecen as normas aplicables ó tratamento das augas
residuais urbanas, prevé que a Administración do Estado declarará
as zonas sensibles nas bacías hidrográficas que excedan do ámbito
territorial dunha comunidade autónoma, e que as comunidades autónomas
efectuarán a devandita declaración nos restantes casos, dándolle
a oportuna publicidade no respectivo diario oficial.
Neste sentido, o Plan de Saneamento de Galicia, que foi aprobado
inicialmente polo plenario da Xunta de Goberno do organismo autónomo
Augas de Galicia o 29 de xuño de 2000, e definitivamente polo
Consello da Xunta de Galicia o 9 de novembro de 2000,
determina as zonas sensibles no ámbito territorial de
Galicia-Costa.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Primeiro.-Dar publicidade á aprobación do Plan de Saneamento de
Galicia 2000-2015 por parte do Consello da Xunta de Galicia na súa
reunión do día 9 de novembro de 2000.
Segundo.-Declara-la ría de Pontevedra como zona sensible para os
efectos do Real decreto lei 11/1995, polo que se establecen as
normas aplicables ó tratamento das augas residuais urbanas.
Terceiro.-Declarar que o conxunto das augas continentais
correspondentes ás bacías hidrográficas de Galicia-Costa se
consideran zona normal para os efectos da devandita normativa.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia
|