|
Resolución
do 21 de maio de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do
Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2001, polo que se
modifica a relación de postos de traballo do organismo autónomo
Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda.
A necesidade de
adecua-lo cadro de persoal do organismo autónomo Augas de Galicia
ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la
relación de postos de traballo do devandito organismo.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións
sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma
de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia
na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do
organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no
anexo a este acordo.
Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario
Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do
día seguinte a ela.
Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo
coas motivacións que se especifican, os seguintes:
| Código
| Denominación |
Motivación
|
| OT.B01.00.000.15770.003
| Secretario/a do
presidente |
Artigo 6 da orde da
Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21
de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)
Posto de confianza.
|
| OT.B01.00.002.15770.039
| Sección de habilitación |
Posto de especial
responsabilidade polo manexo de fondos públicos.
|
Cuarto.-Deixar sen efecto a relación de postos de traballo do
organismo autónomo Augas de Galicia publicada no DOG nº 122, do 23
de xuño de 2000.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa
reunión do dezaoito de maio de dous mil un, relativo á modificación
da relación de postos de traballo de Augas de Galicia da Consellería
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade
de cumpli-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial
de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública




|