|
RESOLUCIÓN
DO 12 DE DECEMBRO DE 2001, pola
que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do
acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de novembro de 2001,
polo que se aproba definitivamente o Plan Sectorial Hidroeléctrico
das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa (DOG
Nº4, 07.01.2002).
En
cumprimento do disposto nos artigos 25.4º da Lei 10/1995, do 23
de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13.5º do
Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e
proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, este organismo
autónomo dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo
Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de novembro de
2001, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:
«1º Aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia
supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías
Hidrográficas de Galicia Costa.
2º O plan desenvolverase mediante proxectos sectoriais, aprobados
conforme as determinacións do artigo 25 da Lei 10/1995, para os
que non será precisa a declaración de incidencia supramunicipal,
sempre que os ditos proxectos estean de acordo co plan aprobado.
3º As determinacións contidas no plan teñen forza vinculante
para as administracións públicas e para os particulares, e
prevalecen sobre as determina
cións do planeamento urbanístico, conforme o establece o artigo
8 punto 1º do Decreto 80/2000.
4. De conformidade co artigo 24 da Lei 10/1995, e do 8 punto 2º
do Decreto 80/2000, os concellos deberán adapta-lo seu
planeamento urbanístico ó contido no plan. A devandita adaptación
realizarase unha vez que sexan presentados os proxectos
definitivos, sempre que os ditos proxectos estean de acordo co
plan aprobado ou cando menos na primeira modificación ou revisión
do dito planeamento urbanístico.
5. Conforme o establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, decláranse
de utilidade pública para os efectos expropiatorios, os bens e
dereitos precisos para a súa execución».
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia
|