|
RESOLUCIÓN
DO 12 DE SETEMBRO DE 2003, pola
que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de
Galicia do 11 de setembro de 2003, polo que se aproba a modificación
da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de
Galicia da Consellería de Medio Ambiente. (DOG
Nº 194, 07.10.2003)
Polo
Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, que modifica o Decreto 108/1996,
do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo
Augas de Galicia (DOG número 29, do 11-2-2003), créase o órgano
de goberno denominado Director Xeral, órgano que para o
desenvolvemento das súas funcións precisa a creación dun posto de
secretario/a do director xeral.
Por
outra banda e co fin de permitir unha ampliación do ámbito persoal
de cobertura do posto de subdirector/a xeral de Réxime Económico-Financeiro,
proponse a apertura do devandito posto á escala de finanzas.
Tendo
en conta o exposto, faise necesario a modificación da actual relación
de postos de traballo do dito organismo autónomo.
En
consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as
organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da
Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta
de Galicia na súa reunión do día once de setembro de dous mil
tres, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la
vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas
de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se
sinalan no anexo ó presente acordo.
Segundo.-Ordena-la
publicación da dita modificación no Diario
Oficial de Galicia para efectos da
súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.
Terceiro.-Clasificar
como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se
especifica, o seguinte:
Código:
MA.A01.00.000.15770.005.
Denominación:
secretario/a director xeral.
Motivación:
artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública
do 21 de novembro do 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).
Posto
de confianza.
Visto
o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión
do once de setembro de dous mil tres, relativo á modificación da
relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de
Galicia da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo
dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como
anexo a esta resolución.
Santiago
de Compostela, 12 de setembro de 2003.
Jaime
Pita Varela
Conselleiro
da Presidencia, Relacións
Institucionais
e Administración Pública
|