|
RESOLUCIÓN
DE 28 DE FEBREIRO DE 2003, pola
que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de
Galicia do 27 de febreiro de 2003, polo que se aproba a nova relación
de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da
Consellería de Medio Ambiente. (DOG
Nº 50, 12.03.2003)
A entrada en
vigor do Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, polo que se modifica o
Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o
regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, leva consigo a
modificación da actual relación de postos de traballo do devandito
organismo.
En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas
as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación
da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da
Xunta de Galicia, na súa reunión do vintesete de febreiro de dous
mil tres, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro.-Aproba-la nova relación de postos de traballo do
organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio
Ambiente, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.
Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia
para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a
ela.
Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo
coa motivación que se especifica, os seguintes:

Visto o acordo adoptado polo Consello da
Xunta de Galicia na súa reunión do vintesete de febreiro de dous
mil tres, relativo á aprobación da relación de postos de traballo
do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio
Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se
publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais
e Administración Pública



Observacións:
(1) Ocupado por laboral fixo.
(2) Ocupado por laboral fixo para extinguir.
(3) Dispoñibilidade horaria.
(4) Para reconverter en subalterno.
(5) Ocupado por oficial 2ª, grupo IV, categoría 18.
Descrición de códigos de titulacións académicas
2004: enxeñeiro de camiños, canles e portos.
2005: enxeñería industrial.
2019: enxeñería superior.
2022: licenciado en ciencias económicas.
2023: licenciado en ciencias empresariais.
2062: licenciado en dereito.
2998: titulado superior.
3007: enxeñeiro técnico obras públicas.
3010: enxeñería técnica topográfica.
4020: FP2-delineación.
Descrición de códigos de formacións específicas
001: mecanografía.
187: experiencia en contabilidade pública.
506: licenciado en económicas/empresariais (mérito).
523: diploma de directivo.
530: diplomado en económicas/empresariais (mérito).
640: para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento
de galego (RI).
641: para persoal doutra administración, curso de iniciación de
galego (RI).
Descrición de códigos de adscrición a administracións públicas
A11: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,
Estado e CC.AA.
AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.
|