|
RESOLUCIÓN
DO 9 DE DECEMBRO DE 2003 pola que se ordena a publicación do acordo
do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2003, polo que
se aproba a modificación da relación de postos de traballo
organismo autónomo Augas de Galicia (DOG Núm. 245 do 18/12/2003)
As especiais
dificultades materiais e técnicas que esixe o desempeño de
determinadas funcións realizadas por persoal laboral que presta os
seus servicios nas consellerías de Educación e Ordenación
Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Cultura, Comunicación
Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza,
Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e
Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións
Laborais e do organismo autónomo Augas de Galicia, esixen a inclusión
nas correspondentes relacións de postos de traballo, do
complemento salarial de singularidade de posto por perigosidade,
toxicidade ou penosidade, nos termos que se sinalan no anexo a este
acordo.
Ademais da inclusión do complemento salarial de singularidade de
posto, referido anteriormente, e respecto da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, a escolarización de alumnos con
minusvalidez física ou psíquica en centros ordinarios, fai
necesario a creación de postos de coidador auxiliar, coa seguinte
modificación da relación de postos de traballo da referida
consellería.
Respecto da Consellería de Innovación, Industria e Comercio a
entrada en vigor do Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se
establece a nova estructura orgánica da citada consellería, supuxo
non só a asunción senón a ampliación das competencias e funcións
que tiña atribuídas a antiga Consellería de Industria e Comercio,
polo que se fai necesario a modificación da actual relación de
postos de traballo da dita consellería.
En consecuencia, por proposta das referidas consellerías,
consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de
Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o
Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de
decembro de dous mil tres, adoptou o seguinte,
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo das
consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación,
Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento
Rural; Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e
Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local;
Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos
Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo
Augas de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo.-Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario
Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do
día seguinte a ela.
Os efectos económicos dos complementos salariais de singularidade
por perigosidade, toxicidade e penosidade retrotraeranse ó día 1
de xaneiro de 2003.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa
reunión do cinco de decembro de dous mil tres, relativo á
modificación da relación de postos de traballo das consellerías
de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e
Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural;
Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos
Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia,
Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais,
Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo Augas de
Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se
publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
Observacións:
CONSELLERÍA DE
MEDIO AMBIENTE
Na vixente
relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de
Galicia publicada no DOG nº 105, do 12-3-2003, prodúcense as
seguintes modificacións:
MODIFICACIÓNS:
-Nas páxinas e
centros de destino que se especifican modifícanse os seguintes
postos de traballo na súa columna Observacións quedando da
seguinte forma:
Persoal laboral


Observacións:
(1) B10//B11.
(2)
B10//B11//Ocupado por funcionario.
(3)
B10//B11//B18.
(4) B11.
(5) Xornada de
mañá/tarde//B10//B11.
(6) Xornada de
mañá ou tarde//B10//B11.
(7) Xornada de
mañá ou tarde//B10//B11//B18.
(8) B18//A tempo
parcial 10 meses e 10 días.
(9) A tempo
parcial 9,5 meses//B18//Itinerante.
(10) Media
xornada//A tempo parcial 9,5 meses//B18//Itinerante.
(11) A tempo
parcial 9,5 meses//Nocturnidade//B18.
(12) A tempo
parcial 9,5 meses//B18.
(13) Media
xornada//A tempo parcial 9,5 meses//B18.
(14) A tempo
parcial 9,5 meses//B10//B18.
(15) A tempo
parcial 9,5 meses//Nocturnidade// B10//B18.
(16) B18.
(17) Ocupado por
personal laboral fixo a extinguir.
(18) Ocupado por
persoal laboral fixo.
(19) Sen dotar
orzamentariamente.
(20)
Dispoñibilidade horaria.
(21)
B10//B11//Cando sexa vacante transformar en: axente auxiliar de
inspección (grupo III, categoría 1).
(22) Ocupado por
persoal laboral fixo a extinguir// Dispoñibilidade horaria.
(23) B10.
(24) Horario
especial//B10.
(25) Horario
especial//B10//B18.
(26)
Dispoñibilidade horaria//B11//B18.
(27)
Dispoñibilidade horaria//B10//B18.
(28) B10//B18.
(29)
Nocturnidade//B10//B18.
(30) B11//Cando
sexa vacante transformar en: auxiliar de laboratorio (grupo IV,
categoría 11).
(31)
B11//Ocupado por encargado agrario (grupo III, categoría 11).
(32)
B11//Ocupado por oficial 2ª de campo (grupo IV, categoría 9).
(33) Laboral
fijo-discontinuo//B10.
(34) B11//Cando
sexa vacante transformar en: celador/a 2ª (vixilante de recursos
naturais).
(35) B10//A
reconverter en xefe de grupo.
(36)
B10//Ocupado por oficial 2ª (grupo IV, categoría 18).
(37) Media
xornada//18,75 horas semanais//B18.
(38) Fin de
semana//B18.
(39) Fin de
semana//B10.
(40) Media
xornada//B18.
|