|
ORDEN
DE 4 DE OCTUBRE DE 2000,
por la que se determina la relación de aglomeraciones urbanas
sujetas al. Canon de Saneamiento para usos domésticos (DOG Nº
202, 18.10.00)
O
artigo 35 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración
hidráulica de Galicia, establece o seguinte:
«Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a utilización
de auga para usos domésticos das aglomeracións urbanas de menos de
2.000 habitantes, entendidas estas como aquelas zonas xeográficas
formadas por un ou varios municipios, ou parte dun ou varios deles,
que pola súa poboación ou actividade económica constitúan un
foco de xeración de augas residuais que xustifique a recollida e
conducción a unha instalación de tratamento ou a un punto de
vertido final.
Regulamentariamente determinarase a relación de aglomeracións
urbanas que, consonte o antes disposto, non estarán exentas do
canon de saneamento. O límite do número de habitantes poderá ser
variado anualmente na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma».
De acordo co mandato legal, por Orde do 10 de xuño de 1999
determinouse a relación de aglomeracións urbanas suxeitas ó canon
de saneamento para usos domésticos a partir dos datos das previsións
do Plan de saneamento para Galicia. As últimas modificacións
levadas a cabo no devandito plan, que comportaron a súa aprobación
pola Xunta de Goberno do organismo Augas de Galicia en data 28 de xuño
de 2000, comportan algunhas variacións nas aglomeracións
anteriormente
aprobadas, o que fai preciso proceder á súa incorporación na orde
xa aprobada. Non obstante, e para maior seguridade xurídica, na
presente orde relaciónase a totalidade das aglomeracións coa
finalidade de facilita-la aplicación do canon de saneamento.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbase a relación de aglomeracións urbanas
suxeitas ó canon de saneamento para usos domésticos, que figura
como anexo a esta orde.
Disposicións derradeiras
Derrógase a Orde do 10 de xuño de 1999 pola que se determina a
relación de aglomeracións urbanas suxeitas ó canon de saneamento
para usos domésticos.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda
|