ORDEN DE 14 DE JUNIO DE 1996, por la que se fija la entrada en funcionamiento del Organismo Autónomo Augas de Galicia (DOG Nº 123, 24.06.96)

Polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, apróbase o Regulamento de desenvolvemento do capítulo II da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica de Galicia, relativo ó organismo autónomo Augas de Galicia.

Na disposición derradeira terceira do devandito regulamento facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para fixa-la data de entrada en funcionamento do organismo autónomo Augas de Galicia, unha vez aprobadas as correspondentes dotacións orzamentarias.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único.-O organismo autónomo Augas de Galicia comezará a súa actividade o 1 de xullo de 1996.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda



AtrásVolver a inicio