|
ORDE
DO 10 DE OUTUBRO DE 2003 pola que se crean determinados ficheiros
automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería
de Medio Ambiente e no organismo autónomo Augas de Galicia
(DOG
Nº209, 28.10.03)
A Constitución española, no seu artigo 18.4º,
dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo
honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno
exercicio dos seus dereitos.
Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de
protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de
datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como
o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.
Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección
dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas
e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.
O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación
ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá
facerse por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín
Oficial del Estado ou no diario oficial correspondente.
A estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente vén
establecida no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, que resultou
modificado polos decretos 333/2002, do 22 de novembro e 23/2003, do
20 de xaneiro.
O organismo autónomo Augas de Galicia, regulado polo Decreto
108/1996, do 29 de febreiro, adscríbese á Consellería de Medio
Ambiente a través do Decreto 310/2001, do 17 de decembro.
En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo
34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de
Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei
11/1988, do 20 de outubro
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de
datos de carácter persoal existentes na Consellería de Medio
Ambiente que se relacionan no anexo.
Artigo 2º.-Contido.
A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica
15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter
persoal, se esixe para as disposicións de creación de ficheiros,
está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.
Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.
Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros
automatizados da Consellería de Medio Ambiente, creados por esta
orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no
anexo e polo persoal debidamente autorizado.
Artigo 4º.-Cesión de datos.
No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá
que se ater ó disposto na normativa vixente respecto desta materia.
Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.
Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en
cada caso, figuran no anexo. Así mesmo, no citado anexo enuméranse
as unidades ante as que se exercerán os dereitos de acceso,
rectificación e cancelación, sen prexuízo da responsabilidade
directa que na xestión e custodia dos datos corresponda ó
empregado público que estea ó cargo do correspondente ficheiro.
Artigo 6º.-Medidas de seguridade.
As medidas de seguridade dos ficheiros están especificadas no
correspondente documento de seguridade en función do nivel en que
estes se clasifiquen.
Artigo 7º.-Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.
As persoas afectadas polos ficheiros obxecto da regulación nesta
orde poderán exerce-los seus dereitos de acceso, rectificación e
cancelación ante os órganos previstos no anexo desta orde para
cada ficheiro, nos termos e nas condicións previstos nos artigos 15
e 16 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de setembro, polo que se
aproban as normas reguladas para a protección de datos de carácter
persoal.
Disposición adicional
No caso de cesións dos datos ós servicios de Estatística das
administracións públicas seguirase, ademais, o disposto na
normativa vixente sobre materia estatística.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2003.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Ficheiro da Secretaría Xeral
Ficheiro: G sistema de xestión de expedientes sancionadores.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: sistema integrado para a
xestión de expedientes sancionadores da Consellería de Medio
Ambiente.
b) Medidas de seguridade: nivel medio. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo.
d) Órgano responsable do ficheiro:
-Secretaría Xeral.
-Consellería de Medio Ambiente.
e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
f) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
g) Cesión de datos: ningunha.
h) Persoas ou colectivos afectados: persoas físicas ou xurídicas
obxecto dos devanditos expedientes.
ANEXO II
Ficheiro da Dirección Xeral de Conservación
da Natureza
Ficheiro: LICAPE, licencias de caza e pesca.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: licencias de caza e pesca.
b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo,
teléfono e fax.
d) Órgano responsable do ficheiro:
-Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
-Consellería de Medio Ambiente.
e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
f) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
g) Cesión de datos: ningunha.
h) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas que solicitan unha
licencia de caza e/ou pesca.
ANEXO III
Ficheiro da Dirección Xeral de Montes e Industrias
Forestais
Ficheiro: F sistema integrado de xestión de axudas.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: sistema integrado para a
xestión das axudas.
b) Medidas de seguridade: nivel medio. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo,
e teléfono.
-Datos de circunstancias sociais: propiedades e posesións.
-Datos económicos e financieros: datos bancarios e axudas
percibidas.
d) Órgano responsable do ficheiro:
-Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.
-Consellería de Medio Ambiente.
e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
f) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
g) Cesión de datos: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia e ó
Fondo Español de Garantía Agraria.
h) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas propietarios dos
montes que solicitan estas axudas.
ANEXO IV
Ficheiro da Dirección Xeral de Calidade
e Avaliación Ambiental
Ficheiro: EIA, declaración de efectos ou impactos ambientais.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: declaracións de efectos
ou impactos ambientais.
b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo,
teléfono e fax.
d) Órgano responsable do ficheiro:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Consellería de Medio Ambiente.
e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
f) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
g) Cesión de datos: ningunha.
h) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas titulares de proxectos
obxecto dos devanditos procedementos de declaración de efecto ou
impacto ambiental.
Ficheiro: ASR, informe actividades suxeitas ó RAMINP.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: informe de actividades
suxeitas as previsións do Decreto 2414/1961, do 30 de novembro,
polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas,
insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP).
b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo,
teléfono e fax.
d) Órgano responsable do ficheiro:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Consellería de Medio Ambiente.
e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña).
f) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
g) Cesión de datos: ningunha.
h) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas titulares de proxectos
obxecto dos devanditos procedementos de RAMINP (Regulamento de
actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas).
Ficheiro: DAM, denuncias e reclamacións ambientais.
a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: denuncias e reclamacións
ambientais.
b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade
polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento
de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos
(Consellería da Presidencia e Administración Pública).
c) Estructura básica: base de datos.
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo,
teléfono e fax.
d) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso,
ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa
San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña).
e) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.
f) Cesión de datos: ningunha.
g) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas físicas ou xurídicas
obxecto dos devanditos procedementos.
ANEXO V
Ficheiros do organismo autónomo Augas de Galicia
Ficheiro de PERSOAL.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión do persoal destinado no organismo mediante a
captura de datos relativos ó colectivo e mantendo un historial do
persoal que prestou servicios nel.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Persoal funcionario, laboral, e contratado administrativo, nas súas
diferentes modalidades, destinado no organismo.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante os expedientes persoais, a achega de datos
polos interesados e mediante a documentación que xorde da
actividade administrativa (cesamentos, tomas de posesión, recoñecemento
de dereitos, etc.).
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./mutualidade,
nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, nº de rexistro de
persoal.
Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de
familia, data de nacemento, sexo.
Datos de circunstancias sociais: licencias, permisos e autorizacións.
Datos académicos e profesionais: titulacións.
Datos de detalle de emprego: corpo e/ou escala, categoría e/ou
grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial
do traballador.
Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos e rendas, datos
bancarios, datos económicos de nómina, datos deduccións
impositivas/impostos, subsidios e beneficios.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Secretaría Xeral.
h) Órgano ante ó que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Secretaría Xeral.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de SICAP.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión da contabilidade do organismo, que inclúe o
tratamento de datos de contratistas, subministradores, provedores,
debedores do canon de saneamento, sancionados por infraccións en
materias de augas e persoas que perciban axudas de custo e/ou
locomoción.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Contratistas, subministradores, provedores, debedores do canon de
saneamento, sancionados por infraccións en materias de augas e
persoas que perciban axudas de custo e/ou locomoción.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante achega dos interesados en modelos formalizados
e mediante documentación que xorde da actividade administrativa.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos,
enderezo postal, teléfono.
Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos e rendas, datos
bancarios, datos de deduccións impositivas e impostos.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de HIDRA/DPH.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión das autorizacións e concesións en materias de
augas, solicitadas a través do sistema de xestión de procedementos
administrativos da Xunta de Galicia.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Solicitantes de autorizacións e concesións.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante achega dos interesados e mediante documentación
que xorde da actividade administrativa.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos,
enderezo postal, teléfono.
Datos de circunstancias sociais: propiedades e posesións.
Datos de información comercial: actividades e negocios, licencias
comerciais.
Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de AUGAS.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión das autorizacións, concesións e sancións en
materias de augas.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Solicitantes de autorizacións, concesións, así mesmo, demandantes
e demandados por sancións.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante achega dos interesados, denuncia escrita de
diferentes organismos ou particulares e mediante documentación que
xorde da actividade administrativa.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos relativos á comisión de infraccións penais ou
administrativas: infraccións administrativas.
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos,
enderezo postal.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de ARQUIVO1.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión histórica das autorizacións e concesións en
materias de augas que rematan o procedemento administrativo anotándose
no Libro Rexistro de Augas.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Solicitantes de autorizacións e concesións.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense da información existente nos expedientes
administrativos rematados, iniciados no ficheiro AUGAS.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade básico.
Ficheiro do ARQUIVO2.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión histórica das autorizacións e sancións en
materias de augas que rematan o procedemento administrativo non anotándose
no Libro Rexistro de Augas.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Solicitantes de autorizacións, así mesmo demandantes e demandados
por sancións.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense da información existente nos expedientes
administrativos rematados, iniciados no ficheiro AUGAS.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos relativos á comisión de infraccións penais ou
administrativas: infraccións administrativas.
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de APROVEITAMENTOS.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión histórica das autorizacións e concesións en
materia hidroeléctrica.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Solicitantes, promotores e concesionarios de autorizacións e
concesións.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante achega dos interesados, por visitas sobre o
terreo e mediante documentación que xorde da actividade
administrativa.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos relativos á comisión de infraccións penais ou
administrativas: infraccións administrativas.
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos,
enderezo postal e electrónico, teléfono.
Datos de circunstancias sociais: propiedades e posesións, permisos
e autorizacións.
Datos de detalle de emprego: posto de traballo.
Datos de información comercial: actividades e negocios.
Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos e rendas,
investimentos e bens patrimoniais, créditos, préstamos e avais,
hipotecas.
f) Cesión de datos que se prevén:
Ningunha.
g) Responsable do ficheiro:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición:
A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
i) Medidas de seguridade:
Establecerase un plano de seguridade medio.
Ficheiro de CORRESP.
a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:
Facilita-la xestión do canon de saneamento, en particular a
tramitación de expedientes e a emisión de liquidacións.
b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos ou que
resulten obrigados a subministralos:
Persoas físicas e xurídicas suxeitas ó canon de saneamento.
c) Procedemento de recollida de datos:
Recóllense mediante achega dos interesados, inspeccións, empresas
subministradoras de augas e mediante documentación que xorde da
actividade administrativa.
d) Estructura básica do ficheiro:
Base de datos.
e) Descrición dos tipos de datos de carácter persoal:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos,
enderezo postal e electrónico, teléfono.
Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de
familia.
Datos de circunstancias sociais: propiedades e posesións,
licencias, permisos e autorizacións (título familia numerosa).
Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos e rendas,
investimentos e bens patrimoniais, datos deduccións impositivas/impostos.