|
LEY
8/2001, DE 2 DE AGOSTO,
de protección de calidad de las aguas de las rías de Galicia y
de ordenación del servicio del servicio público de depuración
de aguas residuales urbanas. (DOG Nº 161, 21.08.01)
As
rías de Galicia constitúen uns espacios singulares dentro da
xeografía da Comunidade Autónoma. Neles atópase unha gran riqueza
natural, de fauna e paisaxística e de importante valor económico
ó mesmo tempo, que vén convivindo con asentamentos urbanos e
actividades industriais de certa entidade. A deterioración que, a
través dos anos, estas actividades, ou outras de nova implantación,
lle poden causar por efectos puntuais ou acumulativos á calidade
das súas augas fai necesario que se utilicen tódolos instrumentos
ó alcance da Comunidade Autónoma para corrixir e previr estas
consecuencias perniciosas. Esta lei pretende, pois, a protección da
calidade das augas das rías de Galicia mediante o establecemento de
obxectivos de calidade e de límites para a emisión de vertidos, así
como a ordenación das actividades que puidesen resultar
incompatibles coa dita protección, para as que a súa instalación
requirirá unha especial atención ás esixencias ambientais.
Todo isto co obxectivo de que Galicia se dote dun instrumento
normativo do máximo rango que faga compatibles de forma razoable o
desenvolvemento urbano e industrial, por un lado, cos usos de
marisqueo, turismo e baño das rías, por outro, considerando o
medio natural como un factor limitador común a ámbolos dous
aspectos.
Estas circunstancias obrigan a acometer unha normativa especial para
os vertidos contaminantes nas rías de Galicia que, acomodándose ó
disposto na normativa da Unión Europea e na normativa básica do
Estado, estableza un réxime de protección das marxes destas, así
como un réxime estricto de vertidos, tanto desde a perspectiva
material dos parámetros de calidade das augas e niveis de emisión
admisibles coma desde a perspectiva puramente sancionadora.
Para estes efectos, o Estatuto de autonomía de Galicia prevé, por
unha parte, a competencia exclusiva da Xunta de Galicia para a
ordenación do territorio e do litoral (artigo 27.3) e para a
promulgación de normas adicionais sobre protección do medio
ambiente (artigo 27.30), e, por outra parte, a execución da
normativa estatal en materia de vertidos ó litoral (artigo 29.4).
Neste marco, segundo foi reiteradamente interpretado polo Tribunal
Constitucional, esta lei encontra, pois, acomodo nas competencias da
Xunta de Galicia.
Asemade, esta lei encaixa sen dificultade na previsión contida no
artigo 34 da Lei de costas estatal, co fin de dictar normas específicas
de protección para tramos de costa determinados, ós cales se debe
atender especialmente para a autorización de ver
tidos contaminantes, de acordo co disposto no artigo 57.2 da mesma
lei. Hai que aclarar que, aínda que a Sentencia do Tribunal
Constitucional 149/1991 declara o citado artigo 34 inconstitucional,
o dito pronunciamento ten como fundamento non o contido material do
precepto, que é plenamente admisible, senón a atribución ó
Estado e non ás comunidades autónomas da competencia para dictar
tales normas.
Por último, o réxime de protección que esta lei establece incardínase
tamén no marco dos principios que inspiran a Lei 1/1995, do 2 de
xaneiro, de protección ambiental de Galicia, en especial o de
clasificación das actividades e o de prevención, expresamente
recollidos nesa norma adicional de protección autonómica dictada
para lles dar cumprimento ó artigo 45 da Constitución e ás
esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión
Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.
2
Noutra orde de cousas, esta lei regula a ordenación do servicio de
depuración de augas residuais urbanas. Este servicio veuse
prestando ata o de agora, xeralmente, dunha forma dual, reservando
para si a Administración autonómica a execución das estacións
depuradoras e asumindo as entidades locais a súa explotación. Sen
embargo, o desenvolvemento da planificación do saneamento de
Galicia e a execución de numerosas instalacións de depuración
puxeron de manifesto unha serie de disfuncións, tales como a falta
de regulamentos ou ordenanzas municipais, a disparidade de custos
económicos de explotación ou a falta de resposta ante determinados
vertidos de natureza industrial inasumibles polo sistema, debidas
nalgúns casos á escasa capacidade técnica, económica ou
normativa das entidades que actualmente prestan o servicio.
Estas disfuncións poden compromete-lo cumprimento dos obxectivos
ordenados pola normativa europea, xa asumidos polo ordenamento xurídico
español e galego. Por iso, o título II desta lei ordena o servicio
de depuración de augas residuais urbanas de Galicia, que se declara
servicio público de interese xeral da Comunidade Autónoma, e a súa
xestión atribúeselle á Administración hidráulica de Galicia, de
acordo coas facultades establecidas no artigo 4.1.c) da Lei 8/1993.
A potestade estatutaria de dictar normas adicionais en materia de
ambiente, xa citada anteriormente, xunto coa competencia que posúe
a Xunta de Galicia en relación coas obras públicas que non teñan
a cualificación legal de interese xeral do Estado ou aquelas nas
que a súa execución ou explotación non afecte outra comunidade
autónoma (artigo 27.7 do Estatuto de autonomía de Galicia),
fundamentan este título II. Preténdese con iso superar aquelas
disfuncións, de xeito que por economías de escala o custo do
servicio se poida abaratar, e tamén mediante o establecemento dun
marco normativo que ordene a prestación do servicio a nivel autonómico,
dotado así mesmo do correspondente réxime sancionador.
A asunción do servicio de depuración de augas residuais por parte
da Xunta de Galicia apóiase tamén noutros fundamentos normativos.
Por unha parte, a vixente lexislación de réxime local, tanto
estatal (artigo 25.2 da Lei de bases de réxime local) coma autonómica
(artigo 80.2 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia),
que remite á normativa sectorial a definición das competencias ó
respecto; é por iso que a lei, aínda que declara de interese de
Galicia o servicio de depuración, non deixa de recoñecerlles ás
administracións locais o exercicio de determinadas competencias en
relación con el. Por outra parte, non se poden esquece-las obrigas
que teñen asumidas tódalas comunidades autónomas derivadas da
normativa básica sobre saneamento e depuración de augas residuais
urbanas, concretada no Real decreto lei 11/1995 e no correspondente
Plan nacional de saneamento e depuración. Por último, a aplicación
desde 1996 do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993, que
demostrou ser un instrumento eficaz para asegura-los necesarios
recursos económicos para atender estas finalidades. Neste sentido,
aínda que se deberán actualiza-las tarifas do tributo, que
permaneceron sen variación desde o seu inicio, a lei tamén ordena
a súa lóxica incompatibilidade cos actuais instrumentos
financeiros aplicados polas entidades locais, que terán que
desaparecer.
3
Finalmente, o título III da lei recolle o réxime sancionador
correspondente a cada un dos títulos precedentes, tanto nas súas
disposicións específicas coma naquela normativa común, referida a
competencia e procedemento.
O abordar esta regulación a través dun texto con rango de lei débese
a que, no tocante ó título I, dentro do marco de maior protección
que se pretende, se endurece o réxime sancionador previsto pola Lei
de costas. Esta finalidade, esencial para o cabal cumprimento do
obxectivo proposto, non se podería acadar a través dunha norma de
rango regulamentario ó impedirllo o principio constitucional de
legalidade en materia sancionadora.
E no referente ó título II, a implantación ex novo do réxime
sancionador relativo a un novo servicio de interese xeral está
claro que se debe facer igualmente co maior rango normativo.
Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de
conformidade co artigo 13.21 do Estatuto de Galicia e co artigo 24
da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de protección da
calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servicio
público de depuración de augas residuais urbanas.
Título I
Da protección da calidade das augas das rías de Galicia
Artigo 1.-Obxecto e ámbito.
l. É obxecto desta lei previr, minimizar, corrixir ou, de se-lo
caso, impedi-los efectos prexudiciais que determinadas obras,
instalacións e actividades públicas ou privadas poidan ter sobre a
calidade das augas das rías de Galicia, a través das medidas que
nela se establecen.
2. En particular, esta lei seralles aplicable ós vertidos, tanto líquidos
coma sólidos, que, de forma directa ou indirecta, se realicen desde
terra ás rías de Galicia no ámbito territorial indicado no
apartado 4 e sen prexuízo do disposto no artigo 4.9, así como ó
planeamento urbanístico nas súas manifestacións de plans,
programas e proxectos, nos supostos do artigo 5.
3. Exclúense do ámbito de aplicación desta lei os vertidos
efectuados desde buques e outras instalacións flotantes nos que a súa
competencia lle corresponda á Administración do Estado.
4. O ámbito territorial ó que se estende o título I desta lei é
a zona terrestre correspondente ás cuncas dos municipios ribeiráns
vertentes ó interior das rías de Foz, Viveiro, O Barqueiro,
Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares-Betanzos, A Coruña, Corme-Laxe,
Camariñas, Lires, Corcubión, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra, Aldán,
Vigo e Baiona. No anexo I indícanse os límites xeográficos
exteriores das mencionadas rías. En todo caso, o límite interior
das rías sitúase no extremo interior da zona de dominio público
marítimo-terrestre, segundo se define na vixente normativa en
materia de costas.
Artigo 2.-Vertidos de residuos.
1. Queda prohibido efectuar calquera tipo de vertido de residuos ás
augas das rías de Galicia, salvo cando estes sexan utilizados como
recheos e estean debidamente autorizados, logo de constatada a
ausencia de afección á calidade das augas de acordo co previsto no
anexo II.
2. Cando os recheos puidesen afecta-la conservación e rexeneración
dos recursos mariños requirirase informe preceptivo e vinculante da
consellería competente en materia de pesca.
3. As autoridades competentes, e en particular os concellos e as
demais entidades locais, denegarán as correspondentes licencias de
obras, de apertura e de actividades, respecto daquelas que non
estean debidamente autorizadas de acordo co previsto no apartado
anterior.
Artigo 3.-Obxectivos de calidade das augas.
1. Establécense como obxectivos de calidade das augas das rías de
Galicia os indicados no anexo II desta lei. Estes obxectivos de
calidade terán o carácter de mínimos.
2. Os métodos de análise de referencia para a determinación dos
parámetros considerados nos obxectivos de calidade do punto
anterior, así como o procedemento para o seu control, serán
determinados regulamentariamente.
3. En calquera caso, os anteriores obxectivos de calidade
entenderanse modificados no caso de que por parte da Unión Europea
ou do Estado se dictasen obxectivos de calidade máis estrictos, ou
ben referentes a novos parámetros, particularmente no relativo ás
normas de calidade para as augas de baño, de calidade das augas e
da producción de moluscos e outras especies mariñas, ou ben en
relación co vertido de substancias perigosas desde terra ó mar.
Artigo 4.-Normas sobre vertidos de augas residuais industriais.
l. No ámbito territorial desta lei, queda prohibido efectuar
vertidos de augas residuais industriais ás rías de Galicia sen
contar coa previa e preceptiva autorización, que lle corresponde
outorgar á Administración hidráulica da Comunidade Autónoma de
Galicia, logo de informe da Consellería de Pesca, Marisqueo e
Acuicultura.
2. Non se poderán outorgar licencias municipais de obras, de
apertura e de actividades de natureza diferente á doméstica sen
que, previa e expresamente, os seus promotores obtivesen a
autorización á que se refire o parágrafo anterior.
3. As mencionadas autorizacións de vertido outorgaranse de acordo
coa vixente lexislación en materia de costas e de protección
ambiental e con esta lei, sen prexuízo da concesión de ocupación
do dominio público marítimo-terrestre se fose necesaria, e de
maneira que os límites impostos á calidade das augas residuais se
adecúen ós obxectivos de calidade indicados no artigo anterior.
4. A autorización de vertido non será efectiva, e polo tanto este
non se poderá levar a cabo, sen a comprobación previa das condicións
impostas na dita autorización, entre as que necesariamente se
encontrarán as relativas á adecuación dos sistemas de tratamento
do vertido ós límites que se impoñan.
5. Para a nova instalación ou ampliación no ámbito territorial
obxecto desta lei das actividades industriais, públicas ou
privadas, indicadas no anexo III, requirirase, ademais da autorización
de vertido ó que se refire o apartado 1, a necesidade de someter
previamente o proxecto a avaliación ambiental, de acordo co
procedemento previsto na vixente normativa de protección ambiental
de Galicia.
6. Para a instalación das actividades ás que se refire o apartado
anterior requirirase igualmente que os seus titulares utilicen as
mellores técnicas dispoñibles economicamente viables para a
reducción na orixe dos vertidos de augas residuais ou, de se-lo
caso, para o seu tratamento e depuración. Os promotores deberán
igualmente xustifica-lo cumprimento de obxectivos de calidade para
aqueles parámetros que non teñan fixados límites de vertido.
7. En todo caso, a Administración hidráulica de Galicia poderá
prohibir, no ámbito territorial ó que se refire esta lei, aqueles
procesos industriais nos que os seus efluentes, a pesar do
tratamento ó que sexan sometidos, poidan constituír un risco de
contaminación do dominio público superior ó admisible de acordo
co establecido nesta lei, ben sexa no seu funcionamento normal ou no
caso de situacións previsibles.
8. Igualmente, non se poderán autorizar vertidos de augas residuais
industriais cunha carga contaminante que supere os límites de emisión
establecidos no anexo IV, que en ningún caso poderán ser
alcanzados mediante dilución. As mesmas previsións do artigo 3.3
serán aplicables para estes límites. Os métodos analíticos de
referencia para estes parámetros, así como o procedemento para o
seu control, serán determinados regulamentariamente.
9. Os límites de emisión establecidos no punto anterior poderán
ser aplicables, así mesmo, a cada un dos vertidos que, xunto con
outro ou outros vertidos dun mesmo ou outro establecemento, poidan
conformar un vertido único final, mesmo no caso de que os ditos
establecementos se atopasen fóra do ámbito establecido no artigo 1
desta lei. Neste último caso, os ditos vertidos quedarán tamén
suxeitos ó réxime de autorización previsto neste título, logo da
motivación do seu risco de afección á ría de que se trate. Para
estes efectos, a medición da contaminación dos efluentes
realizarase no punto de saída do vertido de cada un dos
establecementos separadamente.
10. Nas autorizacións de vertido, Augas de Galicia poderá
motivadamente impoñe-la instalación de sistemas de medición e análise
en continuo dos efluentes, así como de transmisión de datos en
tempo real.
Artigo 5.-Aplicación das técnicas de protección ambiental ó
planeamento urbanístico e ás actividades en funcionamento.
l. Na tramitación do planeamento urbanístico no ámbito
territorial obxecto desta lei deberase demandar un informe da
autoridade ambiental. Cando o dito planeamento puidese afecta-los
recursos mariños, requirirase ademais informe da Consellería de
Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
2. Co obxecto de comproba-los seus posibles efectos nocivos para o
medio natural e sinala-las medidas correctoras, e sen prexuízo do
indicado na disposición transitoria primeira, aplicaránselles ás
actividades que se estean realizando ou ás xa realizadas no dito ámbito
territorial as técnicas de protección ambiental establecidas pola
Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
3. Todas aquelas actuacións, públicas ou privadas, susceptibles de
produciren unha alteración física ou unha perda dos valores
naturais, culturais, científicos ou educativos dos espacios
naturais en réxime de protección xeral incluídos no Rexistro
Xeral de Espacios Naturais de Galicia localizados no ámbito
territorial desta lei serán sometidas a avaliación do seu impacto
ambiental de acordo co procedemento vixente.
Título II
Da ordenación do servicio público de depuración de augas
residuais urbanas
Artigo 6.-Declaración de interese xeral da Comunidade Autónoma.
1. Declárase de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia o
servicio de depuración de augas residuais urbanas.
2. O ámbito material do servicio comprende a regulación, a
planificación, a aprobación definitiva de proxectos, a construcción
e a xestión, explotación e mantemento das estacións depuradoras
de augas residuais, redes de colectores xerais e emisarios
submarinos que formen parte da programación de saneamento e
depuración da Xunta de Galicia, así como, de se-lo caso, a
reutilización das augas residuais depuradas.
3. Quedan expresamente excluídas aquelas redes de sumidoiros nas
que o seu proxecto, construcción e xestión lles correspondan ás
entidades locais de forma exclusiva.
Artigo 7.-Competencias das entidades locais.
As entidades locais, sen prexuízo do disposto no artigo 6.3,
exercerán en materia de depuración de augas residuais urbanas as
competencias seguintes:
1. A promoción, redacción e proposta á Xunta de Galicia para a súa
aprobación, logo da comprobación da súa adecuación á programación
á que se refire o artigo 6.2, de plans e proxectos de obras e
instalacións.
2. A contratación e execución das obras e instalacións que lles
correspondan conforme os plans e proxectos aprobados previamente, e
aqueloutras que lles encomende a Xunta de Galicia.
3. A xestión e explotación das obras e instalacións, por si
mesmas ou mediante calquera fórmula asociativa con outras entidades
locais.
4. A participación na elaboración do Regulamento autonómico
regulador do servicio de depuración, nos termos do artigo 10.3.
Artigo 8.-Administración xestora do servicio.
1. O servicio de depuración de augas residuais urbanas da
Comunidade Autónoma será xestionado pola Administración hidráulica
de Galicia, ben sexa a través do organismo autónomo Augas de
Galicia ou ben a través da Empresa Pública de Obras e Servicios
Hidráulicos, entidades creadas pola Lei 8/1993, do 23 de xuño,
reguladora da Administración hidráulica de Galicia.
2. En igualdade de condicións técnicas e económicas, a
Administración hidráulica de Galicia poderalles encomendar ás
entidades locais a prestación do servicio, tanto na construcción
coma na explotación das instalacións.
3. A administración xestora das instalacións poderá utilizar para
o efecto calquera das formas actualmente vixentes para a xestión de
servicios públicos.
Artigo 9.-Financiamento do servicio.
1. O servicio de depuración de augas residuais urbanas da
Comunidade Autónoma será financiado integramente pola Administración
hidráulica de Galicia, a través dos recursos seguintes:
a) O producto do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993.
b) As transferencias que no seu favor ordene a Xunta de Galicia e
outras entidades públicas.
c) Empréstitos e créditos, nos termos que determinen as leis de
orzamentos.
d) O producto das sancións que impoña por incumprimentos da
regulación do servicio.
e) Ingresos de dereito privado.
f) Calquera outro recurso que puidese obter ou que lle fose asignado
para este fin.
2. Declárase a incompatibilidade en favor do canon de saneamento
respecto daqueles tributos e prezos que, de acordo coa vixente
normativa en materia
de facendas locais, as administracións locais tivesen en vigor para
financia-lo servicio de depuración de augas residuais urbanas nos
supostos nos que sexa asumido pola Comunidade Autónoma, a partir da
asunción efectiva do servicio.
3. O comezo da prestación efectiva do servicio por parte da
Administración hidráulica de Galicia comportará o cesamento da
recadación dos instrumentos tributarios e financeiros que tivesen
vixentes a correspondente entidade ou entidades locais ás que lles
dea servicio a instalación de depuración de que se trate, sen
prexuízo do dereito destas ó cobramento dos créditos pendentes
nese momento.
Artigo 10.-Regulación do servicio.
1. O servicio público de depuración de augas residuais urbanas,
con independencia da administración que o preste, rexerase polo
disposto nesta lei e nas disposicións que a desenvolvan, así como
polo disposto na normativa básica vixente sobre tratamento de augas
residuais urbanas.
2. O Consello da Xunta de Galicia dictará o Regulamento de prestación
do servicio público de depuración de augas residuais urbanas, que
terá que desenvolver, entre outros, os seguintes extremos:
a) Elementos para a protección das instalacións de saneamento e
depuración e do medio receptor dos seus efluentes.
b) A definición dos vertidos prohibidos e tolerados ós sistemas públicos
de depuración de augas residuais, incluída a prohibición de diluí-los
vertidos co fin de acada-los ditos límites.
c) A obriga de someter a autorización os vertidos de natureza non
doméstica, con carácter previo á súa conexión ás redes de
saneamento. A autorización deberá conter, polo menos, os
condicionantes cuantitativos e cualitativos do vertido para que este
sexa admitido nas ditas redes. Procedemento de autorización dos
vertidos.
d) Os vertidos que non acaden os límites establecidos no punto b)
deberán someterse ó tratamento previo axeitado antes de seren
autorizados.
e) O réxime de situacións de emerxencia e dos vertidos accidentais
potencialmente perigosos para a seguridade das persoas ou das
instalacións de saneamento, referido, como mínimo, á súa
comunicación, adopción de medidas correctoras e valoración e
aboamento dos danos.
f) O réxime de vertidos mediante camións cisterna.
g) O réxime de inspección, mostraxe, análise e control dos
vertidos, incluíndo a obriga, para os vertidos de natureza non doméstica,
de disposición dunha arqueta de rexistro que lle permita á
administración actuante a súa inspección en todo momento.
3. O regulamento será elaborado polo organismo autónomo Augas de
Galicia e propoñerallo ó conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda, quen, logo de demandar informe das
entidades locais a través da súa asociación máis representativa
en Galicia, o elevará ó Consello da Xunta de Galicia.
Título III
Réxime de infraccións e sancións
Artigo 11.-Infraccións e sancións relativas ó título I.
1. As infraccións ó prevido no título I desta lei serán
sancionadas conforme a vixente normativa en materia de costas.
2. En todo caso, constituirán infraccións de carácter grave:
a) O vertido non autorizado de augas residuais industriais ás rías
de Galicia.
b) O incumprimento das condicións establecidas na correspondente
autorización de vertido.
3. A comisión das infraccións previstas no apartado anterior será
sancionada coa imposición de multas desde 750.000 ata 75.000.000 de
pesetas.
4. Con independencia da sanción que lles fose imposta, os
infractores serán obrigados a indemniza-los danos e perdas
causados, no prazo que determine a resolución do expediente
sancionador.
5. As sancións por infraccións graves poderán levar aparellada a
obriga do cesamento da actividade infractora, nos termos do artigo
35.2 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de
Galicia, e sen prexuízo da declaración de caducidade das
autorizacións ou concesións correspondentes, de se-lo caso.
Artigo 12.-Infraccións e sancións relativas ó título II.
En relación co disposto no título II:
1. Consideraranse infraccións de carácter leve:
a) O vertido ó sistema de depuración de augas residuais de
natureza doméstica sen contar coa autorización correspondente.
b) O incumprimento das condicións establecidas na autorización de
vertido, sempre que non lle cause danos ó sistema público de
depuración, ou ben cando estes danos non superen as 500.000
pesetas.
c) As accións e omisións das que deriven danos ou perdas para a
integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración
inferiores a 500.000 pesetas.
d) A obstaculización das funcións de inspección, vixilancia e
control que leve a cabo a administración, a desobediencia ós seus
requirimentos de información ou en relación coa adecuación de
vertidos ou instalacións ás condicións regulamentarias.
e) Calquera incumprimento das obrigas do conxunto normativo de
regulación do servicio que non teña atribuída outra cualificación.
2. Consideraranse infraccións graves:
a) O vertido ó sistema de depuración de augas residuais de
natureza distinta á doméstica sen contar coa autorización
correspondente.
b) A realización de vertidos prohibidos polo regulamento ó que se
refire o artigo 10.2.
c) O incumprimento das condicións establecidas na autorización de
vertido, sempre que se lle causen
danos ó sistema público de depuración superiores a 500.000
pesetas e ata 2.500.000 pesetas.
d) As accións e omisións das que deriven danos ou perdas para a
integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración
superiores a 500.000 pesetas e ata 2.500.000 pesetas.
e) A ocultación ou falsificación de datos determinantes para o
outorgamento da autorización de vertido.
f) A falta de comunicación das situacións de emerxencia ou perigo,
ou o incumprimento das ordes da administración derivadas de situacións
de perigo ou emerxencia.
g) A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións leves
no período dun ano.
3. Consideraranse infraccións moi graves:
a) Calquera conducta indicada no apartado 2 da que deriven danos ou
perdas para o sistema de depuración superiores a 2.500.000 pesetas.
b) O incumprimento das ordes de suspensión de vertidos non
autorizados.
c) A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións graves
no período dun ano.
3. As infraccións tipificadas nos apartados anteriores serán
sancionadas coas multas seguintes:
a) Infraccións leves: multa de ata 1.000.000 de pesetas.
b) Infraccións graves: multa entre 1.000.001 e 5.000.000 de
pesetas.
c) Infraccións moi graves: multa entre 5.000.001 e 25.000.000 de
pesetas.
5. As sancións graduaranse en función da reincidencia do
infractor, da súa intencionalidade, do beneficio obtido e da afección
producida ó sistema de depuración, ou á calidade do medio
receptor.
Artigo 13.-Órganos competentes.
1. Os órganos competentes para a imposición das sancións
previstas nesta lei, así como as establecidas na Lei de costas de
competencia da Administración hidráulica de Galicia, serán os
previstos no artigo 32 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da
Administración hidráulica de Galicia.
2. Malia o anterior, ó presidente do organismo autónomo Augas de
Galicia atribúeselle expresamente a competencia para sancionar
infraccións de carácter grave previstas no artigo 11, sempre que a
multa que se impoña non supere os 50.000.000 de pesetas, e en xeral
para sanciona-las infraccións de carácter grave previstas no
artigo 12.
Artigo 14.-Procedemento sancionador.
1. Correspóndelle a incoación dos expedientes sancionadores
previstos nesta lei ó organismo autónomo Augas de Galicia.
2. O procedemento para a tramitación dos expedientes sancionadores
será o previsto na vixente normativa xeral de procedemento
administrativo común.
3. Serán sancionadas pola comisión de infraccións as persoas físicas
e xurídicas que resulten responsables delas aínda a título de
simple inobservancia.
4. Con independencia da sanción que se lles impoña, os infractores
serán obrigados a repara-lo dano causado, podendo a administración,
de se-lo caso, exercita-las facultades de execución subsidiaria
previstas na lei.
5. Os prazos de prescrición das infraccións e das sancións serán
os previstos na vixente normativa xeral de procedemento
administrativo común.
6. O prazo para a resolución dos expedientes sancionadores será
dun ano, que se contará desde a súa incoación.
Disposición adicional primeira.
No suposto de que se produza a modificación normativa á que se
refiren os artigos 3.3 e 4.8, o Consello da Xunta de Galicia
procederá a actualizar e modificar, mediante decreto, o contido dos
anexos II e IV, respectivamente, desta lei.
Disposición adicional segunda.
Os concellos e as demais administracións locais que se encontren
incluídos, na súa totalidade ou en parte, dentro do ámbito
territorial desta lei, indicado no anexo I, deberán, no prazo dun
ano a partir da entrada en vigor desta lei, aprobar ou, de se-lo
caso, revisa-las súas correspondentes ordenanzas de vertido, co fin
de adecualas ós obxectivos de calidade establecidos nesta lei, para
o que poderán contar co asesoramento da Administración hidráulica
de Galicia.
O incumprimento desta obriga comportará necesariamente a perda do
dereito a calquera colaboración financeira da Xunta de Galicia para
a explotación das súas instalacións de saneamento e depuración
de augas residuais.
Disposición adicional terceira.
O Consello da Xunta de Galicia promoverá de común acordo co
Goberno do Principado de Asturias a regulación correspondente para
a protección da calidade das augas da ría de Ribadeo.
Disposición adicional cuarta.
1. Engádeselle, coa redacción seguinte, un segundo apartado ó
artigo 35 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración
hidráulica de Galicia, e queda a actual redacción como apartado
primeiro:
«2. Enténdese por habitante a definición de habitante-equivalente
contida no artigo 2.f) do Real decreto lei 11/1995, do 28 de
decembro, polo que se establecen as normas aplicables ó tratamento
das augas residuais urbanas.»
2. Engádeselle unha nova disposición adicional segunda á Lei
8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de
Galicia, coa redacción seguinte:
«Disposición adicional segunda.
1. A aprobación dos proxectos de obras hidráulicas que leve a cabo
a Administración hidráulica de Galicia levará implícita a
declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos
bens e dereitos afectados para os efectos da súa expropiación
forzosa, da ocupación temporal e da imposición ou
modificación de servidumes. A declaración de utilidade pública e
necesidade de ocupación refírense tamén ós bens e dereitos
afectados polo replanteo do proxecto e polas modificacións de obras
que se poidan aprobar con posterioridade.
2. Os proxectos correspondentes a obras hidráulicas que non esgoten
a súa funcionalidade no termo municipal onde se localicen non estarán
suxeitos a licencia municipal nin a calquera acto de control
preventivo municipal ós que se refire o artigo 84.1.b) da Lei
7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o
artigo 286.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración
local de Galicia. A execución destas obras, sempre que se leve a
cabo de acordo cos proxectos aprobados e se lles dea información
previamente ás administracións locais correspondentes, non poderá
ser suspendida polos órganos urbanísticos competentes.»
Disposición adicional quinta.
Enténdense autorizados para os efectos desta lei os vertidos de
augas residuais municipais de natureza urbana ou doméstica,
producidos no ámbito territorial previsto no artigo 5 da Lei 8/1993
e desde terra ó litoral galego, que se integren na programación de
actuacións de saneamento do organismo autónomo Augas de Galicia,
así como os vertidos industriais conectados á rede de colectores
municipais sempre que non afecten os obxectivos de calidade fixados
nesta lei.
Todo isto sen prexuízo de que Augas de Galicia, logo de audiencia
das correspondentes entidades locais, dicte as condicións nas que
se terán que realiza-los mencionados vertidos.
Disposición transitoria primeira.
1. Os establecementos industriais instalados no ámbito territorial
definido no artigo 1.3 na data da entrada en vigor desta lei deberán
acreditar perante Augas de Galicia, no prazo de dous meses desde a
dita data, a posesión da preceptiva autorización administrativa en
vigor dos seus vertidos de augas residuais ou ben deberán
solicita-la súa tramitación de acordo co previsto nesta lei e nas
demais disposicións vixentes.
2. Asemade, e no mesmo prazo, os titulares de autorizacións de
vertido outorgadas conforme a lexislación anterior á Lei 22/1988,
de costas, deberán acreditar que se adecuaron á mencionada lei.
3. As autorizacións que resulten acreditadas serán revisadas, de
oficio, por parte de Augas de Galicia, para os efectos da súa
adecuación a esta lei, e seguirase, de se-lo caso, a súa eventual
confirmación, modificación ou revogación. En ningún caso se
poderá conceder un prazo superior a dous anos para a adaptación
progresiva dos vertidos ós limites establecidos nesta lei.
4. O prevido nesta disposición non dará lugar a indemnización
ningunha.
Disposición transitoria segunda.
No prazo de seis meses a partir da entrada en vigor desta lei quedarán
sen efecto os convenios que fosen subscritos pola Xunta de Galicia
en mate
ria de vertidos de augas residuais ás rías de Galicia que se opoñan
ó contido dela.
Disposición transitoria terceira.
Os procedementos de outorgamento de autorización de vertido de
augas residuais e os de licencia de apertura ou de actividades que
prevexan a producción de vertidos no ámbito territorial definido
no artigo 1.3, así como o planeamento urbanístico -plans,
programas e proxectos- no dito ámbito, que se encontren en trámite
no momento da entrada en vigor desta lei deberán adecuarse ó seu
contido antes do outorgamento daquela.
Disposición transitoria cuarta.
A Administración hidráulica de Galicia poderá asumi-la xestión
das estacións depuradoras actualmente en servicio na Comunidade Autónoma
no prazo máximo de tres anos, que se contarán desde a entrada en
vigor desta lei. Para estes efectos, subscribiranse os
correspondentes convenios coas administracións locais xestoras
delas, nos que necesariamente se indicará, entre outros extremos, a
descrición das instalacións do sistema de depuración de que se
trate e o balance económico dos tres últimos exercicios.
A xestión das ditas instalacións poderalles ser encomendada tamén
ás administracións locais nos termos desta lei, sen prexuízo da
aprobación por parte da Administración hidráulica de Galicia dos
correspondentes proxectos de explotación.
Disposición transitoria quinta.
As ordenanzas municipais sobre uso e vertidos ás redes de
sumidoiros que se atopen vixentes á entrada en vigor deste decreto
deberán adaptarse ó que dispoña o regulamento ó que se refire o
artigo 10.2, no prazo dun ano, que se contará desde a entrada en
vigor deste último.
Disposición derradeira primeira.
Autorízase a Xunta de Galicia para dicta-las disposicións que
sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta lei.
Disposición derradeira segunda.
Esta lei entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, dous de agosto de dous mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Anexo I
Ámbito territorial das rías de Galicia
Indícanse para cada ría os puntos xeográficos que, unidos
mediante unha liña recta imaxinaria, definen o seu límite
exterior, xunto coas súas coordenadas UTM.
l.1. Ría de Foz.
Punta de Prados-Punta do Cabo.
(642650,4825750)-(641850,4826100).
1.2. Ría de Viveiro.
Punta Fociño do Porco-Punta do Faro.
(612300,4841700)-(614200,4841100).
l.3. Ría do Barqueiro.
Punta Muller Mariña-Punta As Laxes.
(607800,4848200)-(609900,4845550).
1.4. Ría de Ortigueira.
Punta da Escada-Punta da Barra de Ladrido.
(592750,4841400)-(594550,4841000).
1.5. Ría de Cedeira.
Punta Chirlateira-Punta do Carreiro.
(573250,4835450)-(574650,4835600).
1.6. Ría de Ferrol.
Punta do Segaño-Punta de San Cristovo.
(555800,4811800)-(556800,4812500).
1.7. Ría de Ares-Betanzos.
Punta Torrella-Punta Coitelada.
(556250,4806350)-(555400,4810600).
1.8. Ría da Coruña.
Punta Herminia-Punta do Seixo Branco.
(548650,4804500)-(552750,4805300).
1.9. Ría de Corme-Laxe.
Punta da Insua-Punta Roncudo.
(499050,4886950)-(500750,4791650).
1.10. Ría de Camariñas.
Punta da Barca-Punta do Costado.
(482350,4773750)-(483500,4775400).
1.11. Ría de Lires.
Confluencia do Seo de Nemiña coa ría de Lires.
(479100,4761250)-(483500,4775400).
1.12. Ría de Corcubión.
Cabo de Cee-Punta Galera.
(485200,4751750)-(486800,4751400).
l.13. Ría de Muros-Noia.
Punta Queixal-Punta do Castro.
(493700,4732050)-(497400,4727250).
l.14. Ría de Arousa.
Punta de Laño-Punta do Castelo.
(498200,4707400)-(505200,4703300).
1.15. Ría de Pontevedra.
Punta de Cabicastro-Cabo Udra.
(513400,4692650)-(513450,468760).
l.16. Ría de Aldán.
Punta Couso-Cabo Udra.
(512000,4692650)-(513450,468760).
l.17. Ría de Vigo.
Punta da Meda-Punta Subrido (Plan).
(512550,4867400)-(511350,4677350).
1.18. Ría de Baiona.
Punta da Meda-Punta do Castelo de Monte Rei.
(512650,4665600)-(512350,4664200).
* En calquera caso estas concentracións só se admitirán nos
vertidos que se produzan como consecuencia do arrastre inevitable
destes metais contidos nas materias primas usadas. O titular do
vertido deberá demostrar que non é posible por medios técnicos
dispoñibles e economicamente viables reducir estes arrastres.
** Os seus valores serán fixados especificamente na autorización
de vertido correspondente. O fósforo total e o nitróxeno total
fixaranse, ademais, respectando eventuais declaracións de zona
sensible que afecten as rías de Galicia. O nitróxeno total
equivale á suma de nitróxeno Kjeldahl total (N orgánico+NH), nitróxeno
en forma de nitrato (NO) e nitróxeno en forma de nitrito (NO).
|