LEI 3/2002, DO 29 DE ABRIL, de medidas de réxime fiscal e administrativo (DOG Nº 84, 02.05.2002).

Modificación da Lei 8/1993, do 23 de xuño, de Administración hidráulica de Galicia.

Modifícase o punto 1 do artigo 7 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, de Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado da seguinte forma:

“1. Augas de Galicia é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, e dotado de plena autonomía para o cumprimento das funcións que esta lei lle asigna, coa participación nos seus órganos colexiados dos usuarios.”

A empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, creada pola disposición adicional primeira da Lei 8/1993, do 23 de xuño, de Administración hidráulica de Galicia, adscrita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, tal como se recolle no artigo 4 dos seus estatutos aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo, exercerá as funcións de xestión de obras e prestación de servicios que lle sexan encomendadas dentro do programa de actuacións do organismo autónomo Augas de Galicia.


A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para o Medio Ambiente actuará, de conformidade coas funcións previstas no Decreto 239/1999, do 29 de xullo, como instrumento de coordinación entre os diferentes entes e organismos que constitúen a Administración hidráulica de Galicia, co fin de garanti-lo eficaz e adecuado desenvolvemento das súas actuacións.


AtrásVolver a inicio