|
Decreto 471/2005, do 1 de setembro,
polo que se nomea presidente do organismo
autónomo Augas de Galicia a Jorge Antonio Santiso Blanco (DOG Nº
169, 02/09/2005).
En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de
Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por
proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa
reunión do día un de setembro de dous mil cinco,
Nomeo presidente
do organismo autónomo Augas de Galicia a Jorge Antonio Santiso
Blanco.
Santiago de
Compostela, un de setembro de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
|