Publicado o Decreto
211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura
orgánica da Xunta de Galicia, cómpre fixar a das distintas
consellerías, que se estruturan nas secretarías xerais,
direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan
necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estrutura
comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes
públicos pertinentes.
Na súa virtude e segundo o
disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de
febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada
pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do
conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa
reunión do día once de agosto de dous mil cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1º
a) A Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar estrutúrase nos seguintes órganos
superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Secretaría Xeral de
Relacións Institucionais.
3. Secretaría Xeral da
Igualdade.
4. Secretaría Xeral do
Benestar.
.
4.1. Dirección Xeral de
Acción Social.
4.2. Dirección Xeral de
Xuventude e Solidariedade.
b) Queda adscrito á
Vicepresidencia o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción
da Igualdade
do
Home e da Muller.
Artigo 2º
a) A Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos
seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral da
Función Pública.
3. Dirección Xeral de
Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.
4. Dirección Xeral de
Relacións Parlamentarias.
5. Dirección Xeral de
Xustiza.
6. Dirección Xeral de
Interior.
7. Dirección Xeral de
Protección Civil.
8. Dirección Xeral de
Administración Local.
b) Quedan adscritos a esta
consellería os organismos autónomos:
1. Escola Galega de
Administración Pública.
2. Centro de Estudos
Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.
Artigo 3º
a) A Consellería de
Economía e Facenda estrutúrase nos seguintes órganos
superiores:
1. Secretaría Xeral e do
Patrimonio.
2. Intervención Xeral da
Comunidade Autónoma.
3. Dirección Xeral de
Tributos.
4. Dirección Xeral de
Orzamentos.
5. Dirección Xeral de
Política Financeira e Tesouro.
6. Dirección Xeral de
Planificación Económica e Fondos Comunitarios.
b) Quedan adscritos a esta
consellería:
1. O organismo autónomo
Instituto Galego de Estatística.
2. O organismo autónomo
Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
3. O ente público Instituto
Galego de Promoción Económica.
4. O ente público Centro
Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e
Contable.
Artigo 4º
a) A Consellería de
Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estrutúrase
nos seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Urbanismo.
3. Dirección Xeral de Obras
Públicas.
4. Dirección Xeral de
Transportes.
b) Quedan adscritos a esta
consellería:
1. O ente público Portos de
Galicia.
2. O Xurado de Expropiación
Forzosa, cuxa presidencia terá rango de dirección xeral.
Artigo 5º
a) A Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes
órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa.
3. Dirección Xeral de
Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
4. Dirección Xeral de
Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
5. Dirección Xeral de
Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de
Galicia.
b) Queda adscrito a esta
consellería o ente público Axencia para a Xestión Integrada,
Calidade e Avaliación da Formación Profesional.
Artigo 6º
a) A Consellería de
Innovación e Industria estrutúrase nos seguintes órganos
superiores:
1. Secretaría Xeral.
.2.
Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
.3.
Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
.4.
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
Información.
5.
Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
6.
Dirección Xeral de Turismo.
b) Quedan adscritos a esta
consellería:
1. O organismo autónomo
Instituto Galego de Consumo.
2. O ente público Instituto
Enerxético de Galicia.
Artigo 7º
a) A Consellería do Medio
Rural estrutúrase nos
seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Estruturas e Infraestruturas Agrarias.
3. Dirección Xeral de
Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
4. Dirección Xeral de
Desenvolvemento Rural.
5. Dirección Xeral de
Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
6. Dirección Xeral de Montes
e Industrias Forestais. b) Quedan adscritos a esta consellería:
1. O ente público Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural.
2. O organismo autónomo
Fondo Galego de Garantía Agraria.
Artigo 8º
a) A Consellería de Cultura
e Deporte estrutúrase nos seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Creación e Difusión Cultural.
3. Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural.
4. Dirección Xeral para o
Deporte.
b) Queda adscrito a esta
consellería o organismo autónomo Instituto Galego de Artes
Escénicas e Musicais.
Artigo 9º
a) A consellería de
Sanidade estrutúrase nos seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de Saúde
Pública.
3. Dirección Xeral de
Aseguramento e Planificación Sanitaria.
b) O Servizo Galego de
Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, estará
adscrito organicamente a esta consellería e estrutúrase nos
seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral do
Servizo Galego de Saúde.
2. División de Asistencia
Sanitaria.
3. División de Recursos
Económicos.
4. División de Recursos
Humanos e Desenvolvemento Profesional.
Artigo 10º
a) A Consellería de Pesca e
Asuntos Marítimos estrutúrase nos seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Recursos Mariños.
3. Dirección Xeral de
Estruturas e Mercados da Pesca.
4. Dirección Xeral de
Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
b) Queda adscrito a esta
consellería o ente público Instituto para o Control do Medio
Mariño de Galicia.
Artigo 11º
a) A Consellería de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible estrutúrase nos seguintes
órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Conservación da Natureza.
3. Dirección Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental.
4. Centro de
Desenvolvemento Sostible.
b) Quedan adscritos a esta
consellería:
1. O organismo autónomo
Augas de Galicia.
2. O ente público Obras e
Servizos Hidráulicos.
Artigo 12º
A Consellería de Traballo
estrutúrase nos seguintes
órganos superiores.
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Promoción do Emprego.
3. Dirección Xeral de
Formación e Colocación.
4. Dirección Xeral de
Relacións Laborais.
Artigo 13º
a) A Consellería de Vivenda
e Solo estrutúrase
nos seguintes órganos superiores:
1. Secretaría Xeral.
2. Dirección Xeral de
Fomento e Calidade da Vivenda.
b) Queda adscrito a esta
consellería o organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e
Solo.
Disposicións adicionais
Primeira.-As secretarías
xerais das respectivas consellerías previstas neste decreto
asumen as funcións e competencias atribuídas ás secretarías
xerais técnicas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro. As demais
secretarías xerais exercerán as funcións e competencias que lles
sexan atribuídas en cada caso polos respectivos decretos que
regulen as estruturas orgánicas dos departamentos aos que
organicamente figuren adscritas segundo o establecido neste
decreto.
Segunda.-En todas as
consellerías existirá unha delegación provincial na que se
integrarán os órganos e servizos existentes en cada provincia.
Na Consellería de Economía e Facenda e na de Pesca e Asuntos
Marítimos as delegacións serán territoriais.
Terceira.-Créanse as
delegacións provinciais do Benestar Social, dependentes da
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.
Cuarta.-As referencias
contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Servizo
Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, en canto
ao conselleiro e á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e
Voluntariado, deberán entenderse referidas ao vicepresidente e
á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Quinta.-As referencias
contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Centro
de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, en canto
ao conselleiro e á Consellería de Xustiza, Interior e
Administración Local, deberán entenderse referidas ao
conselleiro e á Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza.
Sexta.-As referencias
contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Augas de
Galicia, en canto ao conselleiro e á Consellería de Medio
Ambiente, deberán entenderse referidas ao conselleiro e á
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Sétima.-As referencias
contidas na normativa reguladora do organismo autónomo
Instituto Galego da Vivenda e Solo, en canto ao conselleiro e á
Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,
deberán entenderse referidas ao conselleiro e á Consellería de
Vivenda e Solo.
Disposicións transitorias
Primeira.-Mediante as
disposicións oportunas dos conselleiros respectivos
determinarase a adscrición dos órganos dependentes das
secretarías xerais e direccións xerais suprimidas, como
consecuencia da estrutura orgánica que se fixa nos artigos
precedentes, aos centros directivos correspondentes mentres non
se regule por decreto a nova estrutura orgánica no nivel de
dirección xeral.
Segunda.-Os órganos
dependentes dos centros directivos que non fosen obxecto de
supresión manterán a súa estrutura e funcións ata que se
proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto.
Disposición derrogatoria
Primeira.-Queda derrogado o
artigo 4.3º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se
establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.
Segunda.-Quedan derrogadas
cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao
disposto neste decreto e, en particular, aquela normativa que
regule estruturas orgánicas a nivel de dirección xeral non
recollidas neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o
conselleiro de Economía e Facenda para que dite as disposicións
necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova
estrutura administrativa, sen que en ningún caso se poida
orixinar incremento de gasto.
Segunda.-A Consellería de
Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias
necesarias para lle dar cumprimento ao disposto neste decreto.
Terceira.-Este decreto
entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela,
once de agosto de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza