|
Decreto 213/2005, do 3 de agosto,
polo que se nomean os titulares dos
departamentos da Xunta de Galicia (DOG Nº
149, 03/08/2005).
Establecida a nova configuración dos departamentos
que integran a Xunta de Galicia polo Decreto
211/2005, do 3 de agosto, procede a designación
e o nomeamento dos seus titulares.
Na súa virtude, no uso das atribucións que me
confiren o artigo 16, alínea 3, do Estatuto de autonomía
de Galicia e o artigo 26, alínea 1, da Lei
de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora
da Xunta e do seu presidente,
modificada pola Lei
11/1988, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.-Nomear titulares dos departamentos
da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se
relacionan:
-Anxo Manuel Quintana González, vicepresidente
da Igualdade e do Benestar.
-José Luis Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza.
-José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de
Economía e Facenda.
-María José Caride Estévez, conselleira de Política
Territorial, Obras Públicas e Transportes.
-Laura Elena Sánchez Piñón, conselleira de Educación
e Ordenación Universitaria.
-Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de
Innovación e Industria.
-Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural.
-Ánxela Bugallo Rodríguez, conselleira de Cultura
e Deporte.
-María José Rubio Vilar, conselleira de Sanidade.
-María Carmen Gallego Calvar, conselleira de Pesca
e Asuntos Marítimos.
-Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
-Ricardo Jacinto Varela Sánchez, conselleiro de
Traballo.
-María Teresa Táboas Veleiro, conselleira de
Vivenda e Solo.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, tres de agosto de dousmil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
|