|
Decreto 211/2005, do 3 de agosto,
polo que se establece a estructura orgánica da
Xunta de Galicia (DOG Nº
149, 03/08/2005).
Elixido e
investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do
presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía,
conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei de Galicia 1/1983, do
22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de
Galicia 11/1988, do 20 de outubro, en virtude das atribucións que me
confire o artigo 26, alínea 1, do mesmo texto legal, e para
establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con
adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da
Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e
economía que deben inspirar a actuación e a organización
administrativa,
DISPOÑO:
Artigo 1º
A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir
se relacionan:
-Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
-Consellería de Economía e Facenda.
-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
-Consellería de Innovación e Industria.
-Consellería do Medio Rural.
-Consellería de Cultura e Deporte.
-Consellería de Sanidade.
-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
-Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
-Consellería de Traballo.
-Consellería de Vivenda e Solo.
Artigo 2º
A orde de
prelación das consellerías é a que se establece no artigo anterior.
Disposición derrogatoria
Quedan
derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan
ao disposto neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-O
Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para
adecuar a estrutura dos
distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da
política de racionalización e redución
do gasto público.
Segunda.-A
Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións e
habilitacións orzamentarias
precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en
ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.
Terceira.-Este
decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de
Compostela, tres de agosto de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
|