|
Decreto
146/2003, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Decreto
108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do
organismo autónomo Augas de Galicia (DOG 11/02/2003).
A entrada en vigor do
Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura
orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como do
Decreto 14/2002, do 27 de xaneiro, polo que se establece a
estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, determinan a
efectiva adscrición do organismo autónomo Augas de Galicia á cita
da Consellería de Medio Ambiente. Este cambio de adscrición
operado respecto deste organismo autónomo esixe a modificación
puntual de determinados puntos do seu regulamento co fin de adaptalo
á nova situación producida.
Así mesmo, a experiencia acumulada por Augas de Galicia na xestión
competencial que lle é propia desde a súa entrada en funcionamento,
xunto á posibilidade real de facelo efectivo na actualidade,
aconsellan acometer por fin o desenvolvemento da Subdirección Xeral
de Programación e Proxectos, prevista, como departamento, no artigo
21 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica
de Galicia, procedéndose, deste modo, a unha reasignación
interdepartamental de funcións no organismo autónomo.
Igualmente, e con base en idénticos criterios ós recollidos no parágrafo
anterior, procede nestes momentos, no marco da normativa básica en
materia de augas, reforza-la presencia e actividade, así como o carácter
co que actúa, da gardería fluvial do organismo autónomo, co fin
de garantir coa máxima eficacia a protección e salvagarda do
dominio público hidráulico nas concas de Galicia-Costa, atribuídas
á competencia de Augas de Galicia.
Por último, aprovéitase a modificación regulamentaria presente
para axeita-las denominacións das unidades administrativas do
organismo autónomo ás xerais utilizadas na Xunta de Galicia para,
con isto, evitar confusións e adoptar un tratamento terminolóxico
homoxéneo na Administración autonómica.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e
logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa
xuntanza de seis de febreiro de dous mil tres,
DISPOÑO:
Artigo único. O Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, queda
modificado do seguinte xeito:
1. O punto 1 do artigo 5º queda redactado como segue:
«Artigo 5º
1. O titular da Consellería de Medio Ambiente exercerá as atribucións
derivadas da relación orgánica e funcional de adscrición da
entidade á devandita consellería».
2. O artigo 7º queda redactado como segue:
«Artigo 7º
Son órganos de goberno de Augas de Galicia:
a) O presidente do organismo.
b) O director xeral.
c) A xunta de goberno».
3.
O artigo 9º queda redactado como segue:
«Artigo 9º
Son órganos de administración de Augas de Galicia os departamentos
administrativos seguintes:
a) A Secretaría Xeral.
b) A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
c) A Subdirección Xeral de Programación e Proxectos.
d) A Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro».
4.
O punto 1 do artigo 12º queda como segue:
«Artigo 12º
1. Será presidente de Augas de Galicia quen así sexa nomeado polo
Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio
Ambiente, entre os titulares dos órganos superiores da estructura
orgánica da dita consellería».
5. O artigo 13º queda redactado como segue:
«Artigo 13º
1. Son atribucións do presidente:
a) Outorga-las autorizacións e concesións relativas ó uso e
aproveitamento do dominio público hidraulico e tamén as referentes
ó réxime de policía de augas e dos seus leitos e dos
aproveitamentos hidráulicos de competencia da Xunta de Galicia.
b) Aprobar definitivamente os proxectos de obras e instalacións e
decidi-la prestación dos servicios polo organismo en forma directa
ou mediante intervención da empresa pública de obras e servicios
hidráulicos.
c) Exerce-la dirección superior e a coordinación dos servicios do
organismo.
d) Elabora-lo anteproxecto de orzamentos do organismo.
e) Autoriza-los gastos e ordena-los pagamentos dentro dos créditos
aprobados.
f) Aplica-lo réxime económico financeiro de utilización do
dominicio público hidraulico, así como o resto das exaccións
atribuídas a Augas de Galicia.
g) Propoñer ó órgano competente o nomeamento dos titulares das
unidades administrativas que se regulan nos artigos 39 a 42 deste
regulamento.
h) Presidi-la xunta de goberno e os órganos colexiados de xestión
que se constitúan, e velar por que os seus acordos se axusten á
legalidade vixente.
i) Resolve-los recursos administrativos da súa competencia.
j) Ter coñecemento de calquera asunto que non estea atribuído á
competencia doutro órgano de Augas de Galicia.
2. As funcións e atribucións citadas no parágrafo anterior, coa
excepción da referida na letra h), podrán ser delegadas,
parcialmente ou na sua totalidade, no director xeral ou nun ou en
varios titulares das unidades administrativas ás que se refire o
artigo 39 deste regulamento.
3. O órgano de goberno referido no artigo 7.b) deste regulamento,
con rango de director xeral, configúrase como un órgano de apoio
ó presidente, e
será nomeado polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do
conselleiro de Medio Ambiente.
O director xeral exercerá, ademais das funcións sinaladas
anteriormente, tódas aquelas que lle sexan expresamente delegadas
polo presidente do organismo».
6. As letras b) e c) do punto 1 do artigo 15º quedan como segue:
«Artigo 15º
1. Son funcións da xunta de goberno:
b) Elevarlle ó Consello da Xunta, a través da Consellería de
Medio Ambiente, o plan hidrolóxico das concas internas e as súas
ulteriores revisións.
c) Eleva-lo anteproxecto dos orzamentos do organismo á Consellería
de Medio Ambiente, para a súa integración no anteproxecto de
orzamentos anuais».
7. O punto 1 do artigo 17º queda como segue:
«Artigo 17º
1. A representación da Administración da Xunta de Galicia na xunta
de goberno integrarase polos seguintes membros:
a) O presidente de Augas de Galicia.
b) Tres vocais designados pola Consellería de Medio Ambiente.
c) Un vocal por cada unha das consellerías seguintes: Presidencia,
Relacións Institucionais e Administración Pública; Economía e
Facenda; Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; de
Innovación, de Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e
Desenvolvemento Rural; Sanidade; e Pesca e Asuntos Marítimos,
designados polo conselleiro respectivo».
8. O punto 1 do artigo 25º queda como segue:
«Artigo 25º
1. A Sección Galicia-Costa actuará como Comisión de Planificación
Hidrolóxica en relación co plan hidrolóxico das concas internas
de Galicia e as súas ulteriores revisións. Co devandito carácter
emitirá informe sobre os documentos de planificación hidrolóxica
que se redacten e elevaraos ós órganos superiores ós que lles
corresponda tramitalos e aprobalos. Para tal efecto, incorporaranse
á devandita comisión, con voz e sen voto, o subdirector xeral de
Programación e Proxectos e ata un máximo de tres técnicos do
organismo designados polo seu presidente».
9. O punto 2 do artigo 29º queda como segue:
«Artigo 29º
2. Cada comisión responsabilizarase do réxime dun encoro ou
sistema de encoros de explotación independente e sen conexión
directa co resto. Corresponderalle ó conselleiro de Medio Ambiente,
mediante orde, por proposta do presidente de Augas de Galicia, a
fixación do número e ámbito territorial das comisións de
desaugamento de encoros dentro da Administración hidráulica de
Galicia».
10. Os puntos 1 e 2 do artigo 30º quedarán como segue:
«Artigo 30º
1. Formarán parte das comisións de desaugamento de encoros:
a) O subdirector xeral de Programación e Proxectos, que actuará
como presidente das comisións, salvo que asista á xuntanza o
presidente de Augas de Galicia, que, neste caso, asumirá a
presidencia.
b) Ata tres membros do persoal técnico de Augas de Galicia,
designados polo presidente do organismo, que asistirán con voz e
sen voto.
c) Os representantes dos usuarios afectados, designados segundo prevé
o artigo seguinte.
2. Poderán asistir ás xuntanzas das comisións de desaugamento de
encoros, con voz e sen voto, un representante das consellerías
seguintes: Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; de Innovación, de
Industria e Comercio; Pesca e Asuntos Marítimos; e Medio Ambiente».
11. O punto 1 do artigo 37º queda como segue:
«Artigo 37º
1. A constitución de cada xunta de explotación será efectuada
polo conselleiro de Medio Ambiente, por proposta do presidente de
Augas de Galicia, por iniciativa propia ou por petición da xunta de
goberno ou dos usuarios afectados. Procederá, así mesmo, a
devandita constitución nos supostos de declaración de
sobreexplotación dun acuífero, coincidindo coa aprobación do Plan
de ordenación de extraccións».
12. Os puntos 2 e 3 do artigo 38º quedan como segue:
«Artigo 38º
2. Poderán asistir ás xuntanzas das xuntas de explotación, como
asesores sen voz nin voto:
a) O xefe do Servicio Territorial de Augas de Galicia do ámbito
xeográfico afectado de que se trate.
b) Un (1) representante das seguintes consellerías: Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Política Agroalimentaria e
Desenvolvemento Rural; de Innovación, de Industria e Comercio; e
Medio Ambiente.
3. Actuarán como presidente e secretario, respectivamente, das
xuntas de explotación que se constitúan, o subdirector xeral de
Programación e Proxectos e o secretario xeral de Augas de Galicia».
13. Os puntos 1 e 3 do artigo 39º quedan como segue:
«Artigo
39º
1. Directamente dependentes do presidente de Augas de Galicia,
existirán os departamentos administrativos seguintes:
a) A Secretaría Xeral.
b) A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.
c) A Subdirección Xeral de Programación e Proxectos.
d) A Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro.
3. Os titulares dos devanditos departamentos administrativos
designaranse e cesarán libremente entre funcionarios dos corpos e
escalas que procedan, de acordo coas relacións de postos de
traballo».
14. O artigo 40º queda como segue:
«Artigo 40º
1. A Secretaría Xeral de Augas de Galicia, ten nivel de subdirección
xeral, e correspóndenlle as seguintes funcións:
a) A secretaría e asesoría xurídica dos órganos colexiados de
Augas de Galicia.
b) A inspección xeral interna dos servicios do organismo, e a
asesoría en dereito deste.
c) A xestión xeral do persoal e a tramitación e seguimento de tódolos
expedientes e incidencias relativas a esta área funcional.
d) A xestión do Rexistro Xeral de Augas de Galicia e do Servicio de
Atención e Información ó Cidadán, así como o control e
supervisión dos extremos relacionados co réxime interior.
e) A coordinación, seguimento e xestión das necesidades informáticas
do organismo.
f) A tramitación dos procedementos de responsabilidade patrimonial,
contratación administrativa e xestión patrimonial, así como a
supervisión e seguimento das actuacións promovidas en materia de
expropiación forzosa.
g) A elaboración e tramitación de proxectos normativos e instruccións
internas, así como a emisión de informes xurídicos.
h) A asistencia técnico-xurídica dos servicios do organismo, a
coordinación das actuacións desenvolvidas perante os órganos
parlamentarios, xudiciais e comunitarios e, en xeral, a tramitación
xurídico-administrativa de tódolos expedientes do organismo, con
excepción dos concernentes ó dominio público hidráulico e a
policía deste.
2. A atribución das funcións descritas á Secretaría Xeral de
Augas de Galicia efectúase sen prexuízo das que lles correspondan
a outros órganos da Administración da Xunta de Galicia en materia
de representación e defensa en xuízo, contratación administrativa
ou resolución de expedientes atribuídos ós órganos
administrativos xerais da Administración hidráulica de Galicia.
3. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral de
Augas de Galicia estructúrase nas seguintes unidades
administrativas, dependentes directamente dela:
3.1. O Servicio de Persoal e Réxime Interior que, incluíndo a
Sección de Persoal e Réxime Interior, desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas nas letras c) e d) do punto
1 deste artigo.
3.2. O Servicio Técnico-Xurídico, que, incluíndo a Sección Xurídica
e a Sección de Contratación, desenvolverá fundamentalmente as
funcións descritas nas letras f), g) e h) do punto 1 deste artigo.
3.3. A Sección de Informática, que desenvolverá as funcións
descritas na letra e) do punto 1 deste artigo».
15. O artigo 41º queda como segue:
«Artigo 41º
1. Correspóndenlle á Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público
Hidráulico as seguintes funcións:
a) O establecemento dos criterios xerais de tramitación dos
expedientes de autorizacións e concesións do dominio público hidráulico,
de establecemento de servidumes de augas, de constitución de
comunidades de usuarios e dos procedementos sancionadores incoados
na materia, que teñan que realiza-las demarcacións territoriais de
Galicia Costa, e a supervisión xeral das actuacións destas.
b) O establecemento dos criterios xerais de despregue e actuación
da gardería fluvial do organismo, en coordinación coas demarcacións
territoriais de Galicia Costa, ás que está adscrita organicamente.
c) A inspección e vixilancia de tódolos aproveitamentos de augas públicas
e das obras derivadas das autorizacións e concesións de dominio público
outorgadas, en coordinación coas demarcacións territoriais de
Augas de Galicia.
d) As relacións de cooperación e colaboración que, se é o caso,
se establezan en materia de dominio público hidráulico coas
confederacións hidrográficas do Norte e do Douro.
e) A tutela dos dereitos nacidos ó abeiro da normativa xeral de
augas e dos actos administrativos dictados na súa aplicación, así
como a realización das actuacións necesarias para o cumprimento da
dita normativa no ámbito das súas competencias.
f) A elaboración e mantemento do rexistro de augas públicas, do
catálogo de augas privadas e do censo de autorizacións de
verteduras.
g) A supervisión xeral e o control das propostas de resolucións de
concesións e autorizacións de dominio público hidráulico, de
establecemento de servidumes de augas, de constitución de
comunidades de usuarios e de expedientes sancionadores incoados,
elaboradas e elevadas ó presidente de Augas de Galicia polas
demarcacións territoriais de Galicia-Costa.
h) O control da calidade das augas continentais, establecendo os
obxectivos e parámetros axeitados dela e propoñendo actuacións
que se vaian realizar a curto e medio prazo na materia.
i) A xestión técnica do canon de saneamento ata a determinación
do tipo impositivo aplicable.
2. Para o exercicio das súas funcións, a Subdirección Xeral de
Xestión do Dominio Público Hidráulico estructúrase nas seguintes
unidades, dependentes directamente dela:
2.1. O Servicio de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público
Hidráulico que, incluíndo a Sección de Tramitación Técnico-Administrativa
do Dominio Público Hidráulico, desenvolverá as seguintes funcións:
2.1.1. A asistencia técnico-administrativa na xestión dos
expedientes de autorizacións e concesións de dominio público hidráulico,
de establecemento de servidumes de augas, de constitución de
comunidades de usuarios, e de procedementos sancionadores, así como
na interpretación e aplicación da normativa xeral de augas
referida ó eido do dominio público hidraúlico.
2.1.2. A elaboración dos informes-proposta e preparación dos
expedientes administrativos obxecto de recurso de alzada, e a
posterior notificación das resolucións recaídas, así como a
tramitación dos requirimentos efectuados en relación coa
presentación de reclamacións económico-administrativas e recursos
contencioso-administrativos contra as resolucións de fixación de
tipos, determinación e liquidación do canon de saneamento, baixo a
supervisión xeral da Secretaría Xeral de Augas de Galicia.
2.1.3. A coordinación departamental das respostas requiridas polos
órganos parlamentarios, xudiciais e comunitarios en materia de
dominio público hidráulico, baixo a supervisión xeral da Secretaría
Xeral de Augas de Galicia.
2.2. A Area de Autorizacións e Concesións, que desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas nas letras e) e g) do punto
1 deste artigo.
2.3. A Área de Verteduras que desenvolverá fundamentalmente as
funcións descritas nas letras e) e g), no relativo a autorizacións
de verteduras, e i) do punto 1 deste artigo.
2.4. A Área de Calidade das Augas, que desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas na letra h) do punto 1 deste
artigo».
16. Créase un novo artigo 41º bis co seguinte contido:
«Artigo 41º bis.
1. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Programación e
Proxectos as funcións seguintes:
a) O informe e proposta, de se-lo caso, das medidas que vaian ser
adoptadas por Augas de Galicia ou polos órganos administrativos
xerais da Administración hidráulica de Galicia nos supostos
previstos no artigo 31.1º da Lei 8/1993, reguladora da Administración
hidráulica de Galicia.
b) A elaboración e mantemento dos instrumentos de planificación
hidrolóxica e a realización neste eido das actuacións necesarias
para a implantación das directivas comunitarias relacionadas co ámbito
competencial do organismo, así como a emisión de informes acerca
da compatibilidade coa planificación aprobada de programas e
proxectos doutros órganos da Administración estatal, autonómica e
local e das concesións e autorizacións de dominio público hidráulico
outorgadas polo organismo autónomo.
c) A definición e elaboración das estatísticas dos usos da auga,
das masas de auga e das zonas sensibles, así como a definición e
planificación das medidas necesarias para corrixi-las desviacións
existentes respecto dos obxectivos de calidade previstos.
d) O seguimento do cumprimento dos obxectivos e criterios
establecidos de saneamento e depuración de augas residuais e da súa
reutilización, así como dos criterios de protección, conservación
e recuperación do recurso acuático e do seu contorno.
e) A planificación das obras de infraestructura básica, no marco
de coordinación establecido no Plan Hidrolóxico Nacional e nos
plans hidrolóxicos das confederacións hidrográficas do Norte e do
Douro, así como no marco relacional estabrecido cos entes locais.
f) A programación dos traballos e obras necesarias para a execución
da planificación hidrolóxica, así como a definición dos
criterios técnicos que haxa que cumprir e o control e seguimento da
súa execución, en colaboración coas demarcacións territoriais de
Augas de Galicia.
g) A definición, construcción, mantemento e explotación dos
sistemas de control da calidade das augas e dos sistemas de
aforamentos e a elaboración dunha base de datos proveniente destes
sistemas para efectos estatísticos, así como a explotación e
mantemento dos modelos asociados ó sistema de aforamentos, que
permitan previr fenómenos de enchentes de cara á súa minimización.
h) A definición e programación das actuacións de conservación e
limpeza das canles e ribeiras dos ríos na zona de afectación do
dominio público hidráulico, e a realización dos traballos de
deslinde deste.
i) A definición e control dos procedementos de auscultación e a
elaboración de plans de emerxencia dos encoros de titularidade da
Xunta de Galicia, e a xestión da súa explotación, así como o
control dos procedementos de auscultación e plans de emerxencia dos
encoros de titularidade privada.
j) A elaboración e mantemento dunha base de datos en soporte XIS
das infraestructuras hidráulicas existentes na Comunidade Autónoma
de Galicia.
k) A tramitación dos expedientes de colaboración técnico-financeira
cos concellos en materia de saneamento e abastecemento de augas e
dos con
venios que regulan o financiamento das obras de interese xeral, así
como o seu seguimento.
2. Para o exercicio das súas funcións, a Subdirección Xeral de
Programación e Proxectos estructúrase nas seguintes unidades:
2.1. O Servicio de Planificación e Programación Hidrolóxica, que,
incluíndo a Área de Instrumentos da Planificación, desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas nas letras b), c), d) e e)
do punto 1 deste artigo.
2.2. O Servicio de Execución da Planificación e Explotación de
Sistemas, que, incluíndo a Área de Programación e Seguimento de
Obras e a Sección Técnica, desenvolverá fundamentalmente as funcións
descritas nas letras f), g), h), i), j) e k) do punto 1 deste artigo».
17. O artigo 42º queda como segue:
«Artigo 42º
1. Á Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro correspóndelle
as seguintes funcións:
a) A preparación do anteproxecto do orzamento do organismo, en base
ás previsións de ingresos e gastos, que anualmente terán que
elaborar e remiti-los departamentos administrativos dos servicios
centrais de Augas de Galicia, así como as demarcacións
territoriais deste; e o seguimento da execución orzamentaria e a
tramitación das modificacións do orzamento ás que houber lugar.
b) O estudio e preparación de operacións de crédito e tesourería,
a tramitación e realización de pagamentos a terceiros acredores do
organismo, así como o control e xestión das contas e depósitos
bancarios dos que é titular Augas de Galicia.
c) A elaboración e tramitación da documentación contable relativa
a tódolos expedientes de contido económico, e, en xeral, o
mantemento da contabilidade e a rendición das contas e estados
anuais do organismo, de acordo coa normativa aplicable.
d) A tramitación de expedientes de modificacións do FCI, e o
control da execución dos fondos finalistas, en coordinación coa
Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios
da Consellería de Economía e Facenda.
e) O seguimento dos aspectos económicos e financeiros das relacións
entre Augas de Galicia e a empresa pública de Obras e Servicios
Hidráulicos.
f) A xestión contable mensual da nómina do persoal do organismo, e
a tramitación da nómina da Seguridade Social, do ingreso a conta
do IRPF e outros descontos, así como a realización das oportunas
declaracións fiscais anuais.
g) A xestión, liquidación e recadación das taxas, prezos e demais
ingresos do organismo, con especial relevancia respecto da exacción
do canon de saneamento, sen prexuízo das competencias normativas e
inspectoras que lle correspondan á Consellería de Economía e
Facenda.
2. Para o exercicio das súas funcións, a Subdirección Xeral de Réxime
Económico-Financeiro estructúrase nas seguintes unidades,
dependentes directamente dela:
2.1. O Servicio de Xestión Orzamentaria, que, incluíndo a Sección
de Habilitación, desenvolverá fundamentalmente as funcións
descritas nas letras a), b), c), d), e) e f) do punto 1 deste
artigo.
2.2. A Sección de Outros Ingresos, que desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas na letra g) do punto 1 deste
artigo, con excepción da liquidación do canon de saneamento.
2.3. A Sección de Ingresos do Canon de Saneamento, que desenvolverá
fundamentalmente as funcións descritas na letra g) do punto 1 deste
artigo, no relativo ó canon de saneamento».
18. O artigo 43º queda como segue:
«Artigo 43º
1. No marco dos principios de desconcentración e descentralización
recollidos na Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica
de Galicia, en cada unha das demarcacións hidrográficas referidas
no artigo 6.2º deste Decreto 108/1996 existen, con dependencia orgánica
do presidente de Augas de Galicia e funcional, por razón da
materia, dos departamentos sinalados nos anteriores artigos 40, 41,
41 bis e 42, as seguintes demarcacións territoriais, á fronte das
que atópase o xefe de Servicio Territorial correspondente, que
dirixe o desenvolvemento das seguintes funcións:
1.1. Demarcacións territoriais das concas intracomunitarias de
Galicia Costa, integradas pola Demarcación Territorial Galicia
Norte, a Demarcación Territorial Galicia Centro e a Demarcación
Territorial Galicia Sur:
a) A xestión do rexistro e do servicio de información ó cidadán,
así como a organización e realización das tarefas ordinarias de réxime
interior requiridas para o funcionamento das dependencias propias.
b) A tramitación ata proposta de resolución dos expedientes de
autorizacións e concesións de dominio público hidráulico, agás
os relativos ós aproveitamentos hidroeléctricos, de establecemento
de servidumes de augas e de constitución de comunidades de
usuarios, así como dos procedementos sancionadores na materia.
c) O seguimento da execución das obras programadas polos servicios
centrais de Augas de Galicia.
d) A dirección dos efectivos da gardería fluvial adscritos ó seu
ámbito territorial, e o control dos aproveitamentos de augas públicas
e das obras derivadas das autorizacións e concesións de dominio público
hidráulico, de conformidade coas instruccións emanadas dos
servicios centrais de Augas de Galicia.
e) A emisión de informes sobre plans e demais documentos urbanísticos
e técnicos.
f) En xeral, o desenvolvemento das funcións que lle sexan
encomendadas polo presidente do organismo.
1.2. Demarcacións territoriais das concas intercomunitarias,
integradas pola Demarcación Territorial das Concas
Intercomunitarias de Ourense e a Demarcación Territorial das Concas
Intercomunitarias de Lugo:
a) A xestión do rexistro e do servicio de atención ó cidadán, así
como a organización e realización das tarefas ordinarias de réxime
interior requiridas para o funcionamento das dependencias propias.
b) O seguimento da execución das obras programadas polos servicios
centrais de Augas de Galicia.
c) A emisión de informes sobre plans e demais documentos urbanísticos
e técnicos.
d) En xeral, o desenvolvemento das función que lle sexan
encomendadas polo presidente do organismo.
2. Encadrados nestes servicios territoriais, os efectivos da gardería
fluvial de Augas de Galicia desenvolven os cometidos que lles son
propios de conformidade coa normativa de aplicación na materia,
tendo para o efecto tódalas prerrogativas inherentes á súa
condición de axentes da autoridade».
Disposición transitoria
Cando, como consecuencia da modificación da estructura orgánica
que se establece no presente decreto, se modifique a denominación
ou o contido das subdireccións ou servicios existentes con
anterioridade ou se supriman algunhas das citadas unidades, se
autoriza ó conselleiro de Medio Ambiente, por proposta do
presidente de Augas de Galicia, a readscribir ó persoal afectado a
postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre
designación, ou adscribilos con carácter temporal, sempre que non
exista posto de igual nivel, a outros de inferior nivel se se trata
de postos de provisión por concurso ata que, neste último caso, os
ditos postos sexan cubertos na forma establecida regulamentariamente,
sen que, en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición un
cambio de residencia. Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo
62.4º da Lei da función pública e na Lei 9/1982, do 12 de xuño,
de órganos de representación, determinación das condicións de
traballo e participación do persoal ó servicio das administracións
públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas
nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
|