|
Decreto 132/2005,
do 28 de abril, polo que se modifica o Decreto 110/2004, do 27
de maio, polo que se regulan os humidais protexidos (DOG Nº 102,
30/05/2005).
Coa
publicación do Decreto 110/2004, do 27 demaio, polo que se regulan
os humidais protexidos, declaráronse baixo a categoría de humedal
protexido os cinco sitios Ramsar presentes en Galicia: ría de
Ribadeo, ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e areal de Valdoviño,
complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo e complexo
intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.
Con posterioridade, a súa publicación, obsérvase que varios puntos
do artigo 4, relativo ás limitacións e prohibicións, necesitan ser
matizados para facilitar a súa correcta interpretación.
Concretamente trátase dos números 6º, 7º e 9º, relativos a
actividades extractivas, usos urbanísticos e infraestruturas.
No
que se refire a actividades extractivas, o número 6º do artigo 4
prohibe: «A extracción de area, turba ou outro tipo de sedimentos».
No que se refire á construción de edificacións a actual redacción do
número 7º do artigo 4, establece a seguinte prohibición:
«A
construción de edificacións ou infraestruturas de calquera tipo,
incluída a apertura de infraestruturas viarias».
Os
límites dalgúns humidais inclúen nalgún caso explotacións mineiras
con dereitos vixentes, non pretendéndose a paralización da súa
actividade senón a prohibición de novas explotacións, polo que
cómpre matizar este punto.
Dado
que os límites dalgún dos humidais protexidos declarados inclúen
solo de núcleo rural e incluso nalgún caso solo urbano, xéranse
tensións no ámbito urbanístico dalgúns concellos, nos que quedan
incluídas varias zonas con este tipo de clasificación urbanística.
Non parece lóxico, por tanto, manter a redacción actual deste punto
sen realizar matización ningunha, cando, ademais, o que se pretendía
en realidade era a prohibición da edificación en solo rústico.
No
caso das infraestruturas, a prohibición absoluta que establece o
número 7º do artigo 4 do Decreto 110/2004, do 27 de maio, tamén
parece excesiva e fóra de lugar. Así, por exemplo, estarán
prohibidas as infraestruturas de saneamento ou abastecemento de
augas en zonas clasificadas como núcleo rural ou no seu contorno. É
inevitable, por tanto, unha nova redacción deste punto consonte os
termos expostos.
Polo
tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro,
reguladora da Xunta e do su presidente, modificada pola Lei 11/1998,
do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e
logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión
do día vinte e oito de abril de dous mil cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.
1.
Modifícase o número 6º do artigo 4, do Decreto 110/2004, do 27 de
maio, polo que se regulan os No 102 L Luns, 30 de maio de 2005
DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.269 humidais protexidos, que queda
redactado como segue:
«6. A
extracción de area, turba ou outro tipo de sedimentos, agás as
explotacións con dereitos outorgados con anterioridade ao 8 de xuño
de 2004».
2.
Modifícase o número 7º do artigo 4, do Decreto 110/2004, do 27 de
maio, polo que se regulan os humidais protexidos, que queda
redactado como segue:
«7. A
construción de edificacións e outros usos residenciais, a excepción
daquelas que se pretendan en zonas que teñan a cualificación de solo
urbano ou solo de núcleo rural nos instrumentos urbanísticos e se
axusten á lexislación vixente en materia urbanística, que, ademais,
deberán contar coa autorización da Consellería de Medio Ambiente».
3.
Modifícase o número 9º do artigo 4, do Decreto 110/2004, do 27 de
maio, polo que se regulan os humidais protexidos, que queda
redactado como segue:
«9.
As infraestruturas, en particular as viarias, portuarias,
enerxéticas e de telefonía, así como a mellora das xa existentes,
salvo naquelas zonas en que o permitan os instrumentos de
planificación do humidal e sempre coa autorización expresa da
Consellería de Medio Ambiente».
Disposición derradeira
Esta
disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, vinte e
oito de abril de dous mil cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José
Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
|