|
Corrección
de erros.-Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, polo que se
modifica o Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o
Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia (DOG nº 45,
5/03/2003).
Advertido erro no
texto do citado decreto, publicado no DOG nº 29, do 11 de febreiro
de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:
Na páxina 1.518, no artigo 13 punto 1 a), onde di: «Outorga-las
autorizacións e concesións relativas ó uso e aproveitamento do
dominio público hidráulico e tamén as referentes ó réxime de
policía das augas e dos seus leitos e dos aproveitamentos hidráulicos
de competencia da Xunta de Galicia», debe dicir: «Outorga-las
autorizacións e concesións relativas ó uso e aproveitamento do
dominio público hidráulico e tamén as referentes ó réxime de
policía das augas e dos seus leitos e dos aproveitamentos hidráulicos
de competencia da Xunta de Galicia, así como as autorizacións de
vertedura de augas residuais desde terra ó litoral galego».
|