|
RESOLUCIÓN
DO 27 DE MAIO DE 2002, pola que
se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de
abril, en relación coa tramitación e resolución dos expedientes
de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores
en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento
e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos
ríos (DOG Nº 105, 3.06.2002). Con
data do 18 de xullo de 2002 publicouse no DOG nº 138 a corrección
de erros da Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se fai público
o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril, en relación
coa tramitación e resolución dos expedientes de autorización para
sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio
público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da
vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.
Advertido erro na referida publicación, cómpre face-la seguinte
corrección:
No segundo parágrafo, na páxina 11.351, na 9ª liña, onde di: «Primeira.-Establece-la
unidade de expediente e resolución única, en relación coas
autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en
terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e
utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos
a que se refiren os artigos 71 e 81 respectivamente, do vixente
Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), zona de
servidume e zona de policía...», debe dicir: «Primeira.-Establece-la
unidade de expediente e resolución única, en relación coas
autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en
terreos de dominio público hidráulico, zona de servidume e zona de
policía, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea
ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se refiren os artigos 71 e
81 respectivamente, do vixente Regulamento do dominio público hidráulico
(RDPH)».
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
|