|
RESOLUCIÓN
DO 27 DE MAIO DE 2002, pola que
se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de
abril, en relación coa tramitación e resolución dos expedientes
de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores
en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento
e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos
ríos (DOG Nº 105, 3.06.2002).
Advertido
erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº
105, do luns 3 de xuño de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:
No quinto parágrafo na páxina 8.001, onde di: « ... acordou
declarar como órgano competente por razón da materia para a
tramitación e resolución dos expedientes de autorización para
sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio
público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da
vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos, á
Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de
Montes e Industrias Forestais», debe dicir: « ... acordou declarar
como órgano competente por razón da materia para a tramitación e
resolución dos expedientes de autorización para sementeiras,
plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico,
zona de servidume e zona de policía, e para o aproveitamento e
utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos,
á Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de
Montes e Industrias Forestais».
No segundo parágrafo na páxina 8.002, onde di: «Primeira.-Establece-la
unidade de expediente e resolución única, en relación coas
autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en
terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e
utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos
a que se refire os artigo 71, do vixente Regulamento do dominio público
hidráulico (RDPH)», debe dicir: «Primeira.-Establece-la unidade
de expediente e resolución única, en relación coas autorizacións
para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de
dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización
da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se
refiren os artigos 71 e 81 respectivamente, do vixente Regulamento
do dominio público hidráulico (RDPH), zona de servidume e zona de
policía ... ».
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
|