LogoConsellerías trisquel.gif (1781 bytes)
Consellería de Medio Ambiente

Navegador

Navegador

   PREDICIÓNS AEROBIOLÓXICAS DE GALICIA
      SEMANA do 8 ó 14 de Maio do 2008

Comentario
     Cara os vindeiros días manteranse as concentracións polínicas elevadas, con tendencia a diminuír o pole das principais especies arbóreas e incrementando o das plantas herbáceas. As concentracións máis elevadas produciranse nos días soleados e serán máis altas no sur de Galicia.
Deste xeito, o pole dos bidueiros tenderá a manterse xa en niveis baixos, ainda que poderá acadar concentracións altas ou puntualmernte moi altas na cidade de Santiago, onde a súa presencia como ornamental e moi abundante. O pole dos carballos acadará en xeral niveis medios, con concentracións altas ou puntualmente moi altas no interior. O pole dos piñeiros manterase en niveis en xeral baixos, ainda que puntualmente elevarase ata medios ou altos no Sur da Comunidade. As concentracións do pole das oliveiras serán medias ou puntualmente altas, incluso moi altas no sur e baixas no norte.
O pole do llantén manterá os seus niveis en xeral baixos, puntualmente acadará valores medios na maior parte de Galicia. O das gramíneas, ainda que en xeral manterá as sus concentracións baixas, tende progresivamente a elevar os seus niveis, acadando xa puntualmente valores medios ou altos.
Finalmente tenderán tamen a incrementar os niveis do pole das estrugas, que serán en xeral baixos ou medios na maior parte de Galicia e unicamente na zona das Rías Baixas rexistrará valores altos ou puntualmente moi altos. O pole dos brezos acadará ocasionalmente niveis medios, especialmente no sur.


Nome vulgar Nome ciéntífico Nivéis Comentario
Bidueiro Betula MEDIOS Puntualmente altos ou moi altos en Santiago
Carballo Quercus MEDIOS Acadará valores puntualmente altos ou moi altos no interior.
Estrugas Urticaceae MEDIOS As concentracións manteranse altas ou moi altas nas Rías Baixas.
Olivo Olea BAIXOS Medios ou puntualmente altos ou moi altos no sur
Piñeiro Pinus BAIXOS Acadará valores puntualmente medios ou altos no sur.
 


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster@siam-cma.org
URL:

--%>