LogoConsellerías trisquel.gif (1781 bytes)
Consellería de Medio Ambiente

Navegador

Navegador
INTRODUCCIÓN RESUMOS CONSULTAS PREDICCIÓN MÁIS MAPAS

   PREDICCIÓNS AEROBIOLÓXICAS DE GALICIA
      SEMANA do 1 ó 7 de Xullo do 2010-1/7/2010-0

Comentario
     Este é o período do ano no que as persoas alérxicas teñen maior risco de sufrir síntomas de polinose por mor da plena floración das gramíneas e as estrugas. Cara os vindeiros días as concentracións polínicas do aire manteranse elevadas como consecuencia da estabilidade atmosférica e da plena floración das especies herbáceas.
     As concentracións previstas para as gramíneas acadarán niveis altos na maior parte de Galicia, provocando gran incidencia de síntomas de polinose. As últimas horas da tarde serán os momentos no que as concentracions do seu pole acadarán os valores mais elevados. Os niveis máis altos corresponderán o sur de Galicia especialmente as áreas rurales do interior da Comunidade, mentres que os máis baixos se rexistrarán na zona costeria do norte de Galicia.
     O pole das estrugas manterase con concentracións moderadas na maior parte de Galicia, e altas no sur, especialmente nas Rías Baixas onde acadarán os valores máis elevados.
     O pole do llantén e outras especies herbáceas como as acedas, acadarán niveis medios ou baixos.
     Os carballos están a piques de finaliza-la súa floración, mentres que o pole do castiñeiro, tenderá a incrementar a sua presencia acadando niveis altos no interior e en toda a área Sur de Galicia.


Nome vulgar Nome ciéntífico Nivéis Comentario
Gramíneas Poaceae ALTOS Valores baixos no norte da Comunidade.
Estrugas Urticaceae ALTOS Valores altos no sur de Galicia.
Castiñeiro Castanea ALTOS Valores altos no interior e o sur de Galicia.
Llantén Plantago BAIXOS Valores baixos en toda Galicia, puntualmente moderados no sur.
 


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente , Territorio e Infraestruturas
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster@siam-cma.org
URL: