|
O pole
A reproducción por
esporas é característica do mundo vexetal, constituíndo
para algúns grupos o único modo de propagación.
Algúns vexetais forman dous tipos de esporas,
as megasporas que dan orixe a plantas productoras
de gametos femininos e as microsporas, das que
se orixina a planta que forma os gametos masculinos.
Dentro
das plantas con sementes o gran de pole é a microspora,
que orixina o gametofito masculino, formado por
unha ou unhas poucas células. Este paso de microspora
a gametofito ten lugar no interior do gran de
pole e non supón ningunha modificación no aspecto
deste, polo que non se pode observar a simple
vista. As plantas terrestres protexen a súa microspora
da deshidratación mediante a membrana celular,
común a tódalas células vexetais, e unha parede
interna extremadamente resistente.
Para
cumprir co seu cometido, o gran de pole debe chegar
dende a súa orixe nos estambres da flor ata o
seu destino no ovario, onde está o gameto feminino.
Durante este traxecto pode axudarse de insectos,
tanto de forma voluntaria como involuntaria, podendo
atoparse tanto no aire como no solo.
O
pole de cada especie ten as súas características
definitorias como forma, cor, simetría, polaridade,
estructura, escultura e aperturas da sua parede
externa. Estas características permiten recoñecer
os distintos xéneros e especies de plantas.
Aplicacións
A
principal aplicación dos resultados obtidos é
de carácter clínico, debido á alta porcentaxe
de poboación que se ve afectada polo pole. Os
poles son os segundos causantes de alerxias que
afectan ó aparato respiratorio, tan so superados
polos ácaros. Por especies, a máis representativa
neste aspecto son as gramíneas, seguidas polas
estrugas, plantago, abedul, castiñeiro, carballo
e abeleira. A polinización destas especies é a
causante da rinitis alérxica que afecta a un 10%
da poboación. Estas cifras son aínda máis relevantes
se se ten en conta que o 80% dos problemas de
asma teñen a súa orixe en alerxias.
O
reconto da concentración de pole na atmósfera
permite ós alergólogos coñecer o pole que máis
repercute sobre os pacientes, o que constitúe
unha gran axuda á hora de buscar vacunas.
Estudios
epidemolóxicos prevén que no año 2015 a mitade
da poboación das cidades dos países máis industrializados
sufrirán algún tipo de alerxia. Esta evolución
é unha consecuencia da sociedade do benestar,
na que se observa un aumento progresivo deste
tipo de patoloxías.
Tamén
pode utilizarse o estudio da polinización para
a predicción de colleitas, complementando para
este fin ós factores de crecemiento e meteoroloxía..
|