|
Niveis de pole en Galicia
O posto de honra
tanto polo seu carácter alergóxeno como pola súa
gran presencia en Galicia é para o pole das Gramíneas.
A continuación están as urticaceas (estrugas),
tamén fonte de alerxias e o bidueiro. Estas tres
especies constituen xunto a outros vexetaies como
o carballo, aliso, castiñeiro, llantén, piñeiro
e plátano as especies máis relevantes en canto
á cantidade de pole enviado á atmósfera galega
durante a súa época de floración, sendo por tanto
os que máis problemas causan ás persoas alérxicas
na comunidade.

Os datos recollidos
permiten comprobar que os niveis polínicos se
manteñen sobre a media nacional con cantidades
entre 20.000 e 37.000 grans /m³ anuais.
Cidades
En cuanto ás cidades galegas,
Vigo representa a cidade con maior concentración
polínica durante 1.999 con máis de 27.500 grans/m³.
Os motivos para este alto volume de grans son
a súa resgardada situación xeográfica, a contaminación
e as grandes plantacións de piñeiros e a proliferación
de estrugas. Tamén destaca Lugo con 25.000 grans/m³,
fundamentalmente de gramíneas.
-
Santiago.- A maior parte do pole procede dos
bidueiros e as gramíneas. A polinización do
bidueiro, piñeiro, carballo e plátano de sombra
durante abril provocan que éste sexa o mes de
maior concentración polínica seguido de maio,
xuño e xullo.
- Vigo.-
Destacan pola súa presencia estrugas, gramíneas
e piñeiro, con polinización en marzal que xenra
as maiores concentracións. Febreiro cos alisos
e cipreses e xullo coas gramíneas tamén amosan
altas concentracións.
- A
Coruña.- Destacan estrugas e gramíneas sobre
todo nos meses de abril, maio, xuño e xullo.
A súa aberta situación xeográfica fai que as
concentracións sexan 4 veces menores que en
Vigo.
- Lugo.-
O 40% do pole recollido é de gramíneas, que
teñen polinización fundamentalmente en xullo.
Abundante presencia tamén de bidueiro, piñeiro,
carballo e estrugas.
- Ourense.-
As gramíneas e o piñeiro destacan por encima
doutras especies como carballo, aliso ou castiñeiro.
Abril é o mes de maior concentración polínica
pola polinización simultánea do piñeiro e o
carballo.
- Verín.-
Unha vez máis son as gramíneas a especie máis
abundante e xuño o mes con máis concentración
debido á súa polinización. Numerosa presencia
tamén de piñeiro e aliso.
- Viveiro.-
Gramíneas e estrugas son responsables do 48%
do pole, con valores considerables de bidueiro
e castiñeiro. Por meses, os de maiores concentraciones
son abril, maio, xuño e xullo.
|