Logo Consellerías trisquel.gif (1781 bytes)
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

Navegador

Navegador
INTRODUCCIÓN RESUMOS CONSULTAS PREDICCIÓN MÁIS MAPAS
A REDE - POLE - METODOLOXÍA - NIVEIS DE POLE - ESPECIES

Metodoloxía

     Para o control aerobiolóxico utilízanse captadores volumétricos tipo Hirst modelo Lanzoni VPPS 2000, dotados dun tambor de cambio semanal que facilita a recollida das mostras. Estes aparatos sitúanse a uns 20 metros do solo para non verse afectados por emisións atmosféricas industriais. Contan cunha veleta mediante a cal se orientan na dirección do vento e cunha bomba de aire que aspira 10 litros de aire por minuto. Esta entrada de aire é a través dunha fenda no corpo central que se cubre para protexela da choiva. O interior contén un cilindro de aluminio que se fai xirar 2 milímetros por hora. Sobre él sitúase unha cinta transparente impregnada de xelatina onde se adhíren as partículas.

     O laboratorio é o encargado de prepara-las cintas onde se atrapa o pole. Aquí é onde chegan as mostras semanalmente para a súa análise. A cinta colócase sobre un soporte e realízanse seccións correspondentes a períodos de 24 horas. Para a observación utilízanse microscopios de 400 aumentos cos que se realizan barridos sobre catro líneas horizontais, co que se visiona unha porcentaxe válida a nivel estatístico. De igual modo a mostra trocéase en 12 sectores verticais, representando períodos de 2 horas. Seguindo esta metodoloxía podense calcular as concentracións medias diarias por tipo de partícula e por hora.

 


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado poA Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Información mantida polo D.X. de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster@siam-cma.org
URL: