|
Descripción da rede
A
aerobioloxía estudia os organismos vivos do aire.
De forma xeral o termo aplicase ós estudios do
contido atmosférico en grans de pole, esporas
de hongos, a súa diversidade e as concentracións
con que se presentan nas distintas épocas do ano.
A
Rede Galega de Aerobioloxía dispón de 7 captadores
distribuidos ó longo da xeografía galega. Os puntos
concretos son A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago,
Verín, Vigo e Viveiro. A ubicación destes tiradores
de mostras responde a criterios bioxeográficos
cos que se pretende dar unha visión global do
estado da comunidade.
Un
dos obxectivos da RGA é determinar cales son os
alergóxenos máis comúns en Galicia e en que época
do ano son máis abundantes. Nun futuro pretendese
crear un banco de datos que permita facer prediccións
polínicas sobre Galicia.
|